ANTES DE QUE CHEGUE A CHOIVA.....
Estamos pendentes da predición do tempo....xa que dan moita choiva para os próximos días....canto van medrar as nosas plantiñas!!!
Ata o de agora van moi ben, ainda que estes días que non está Floro os paxariños e os caracois ás veces veñen comer as leitugas e os amorodos....
Sabiades que podemos evitar de xeito natural que os caracois veñan comer as leitugas? Se lle botamos arredor cinza ou sal...estes bichiños xa non fan das súas.....
De todas a formas, cos coidados dos nosos agricultores, xa se empezan a ver os froitos do seu proxecto...están aprendendo moitísimo!!
Días atrás había moito movemente na horta...lembrades? Pois xa se pode ver o resultado.....xa temos novos espazos para plantar!! "Contratamos" máis axudantes....qué ben o pasan participando neste proxecto.
Ainda falta darlle o último retoque para que non pareza a antiga estrada a Baiona.....pero todo se andará...
O espazo que queda á dereita está reservado para o invernadoiro, que como xa van dúas veces que a choiva e o vento romperon a cuberta e dobraron un pouco a estrutura......témolo gardado para poñelo o curso que ven. Queda delimitar a horta pola parte frontal e pintar os peches laterais....témolo anotado na lista de traballos pendentes....
Agora toca observar o gran traballo que están a facer os nosos nenos e nenas tanto nas aulas como na horta e aprender con eles sobre a natureza, a reciclaxe, o cultivo de froitas e hortalizas... Porque todo isto cobra máis sentido cando os mellores froitos son os das aprendizaxes do noso alumnado.
Before the rain...
We are finishing the last arrangements in our garden before the rain. It is almost done and we are excited because our little plants will grow thanks to the rain.
These days, some insects are visiting our garden ant eating our plants. Do you know that if you put some salt or ashes around the plants, insects won't eat them?