INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE OS SERVIZOS DE JARDANAY
COMEZO DO SERVIZO: 11 DE SETEMBRO DE 2023
ENTRADAS E SAIDAS
As entradas fanse póla porta principal (tendes que timbrar) e baixar as escaleiras cos nenos, pasar a porta principal e virar à esquerda; haberá unha monitora cos nenos no Salón de Usos Múltiplos.
HORARIO DO SERVIZO DE MADRUGADORES: DAS 7:30H ATA As 8:45H
ALMORZO ATA As 8:15H
HORARIO DO SERVIZO DE COMEDOR: DAS 14:00h ATA As 16:00h
A saída realizarase no seguinte horario: 15:30h ata as 16:00h
Este curso probaremos a facelas saídas por dúas zonas distintas:
CURSO DE INFANTIL: XIMNASIO
CURSO DE PRIMARIA: PAVILLÓN CUBERTO
NO CASO DE QUE HAXA DOUS FILLOS EN DISTINTAS ETAPAS (UN EN INFANTIL E OUTRO EN PRIMARIA) A SAIDA DOS 2 EFECTUARASE POLO XIMNASIO
IMPORTANTE: EN CANTO NON SE ARRANXE O PORTALÓN DA ENTRADA DO PAVILLÓN, DEBEREDES ACCEDER A TRAVÉS DO PORTALÓN DO XIMNASIO E BAIXAR POLO CAMIÑO DA HORTA ATA O PAVILLÓN CUBERTO.
AUTORIZACIÓNES PRA RECOLLIDA DO ALUMNO
DEBEDES ENVIAR UNHA AUTORIZAZÓN DE RECOLLIDA INDIVIDUAL A CADA UNHA DAS EMPRESAS NAS QUE ESTEAN MATRICULAD@S @S ALUMN@S. AS AUTORIZACIÓNS QUE ENTREGADES OS TITORES NON SON VALIDAS NIN PRAS EXTRAESCOLARES NIN PRA EMPRESA JARDANAY.
No caso de situacións excepcionais, deberedes presentala documentación correspondente e comunicarllo a coordinadora do comedor.
Seguide correctamente as instrucións de cada empresa.
As autorizacións de Jardanay fanse a través da súa páxina web.
CEPILLADO DE DENTES:
O cepillado de dentes despois de comer comezara a partires do mes de OUTUBRO. O alumnado deberá traer un neceser cunha toalla pequena, dentífrico, vaso de plástico (opcional) e cepillo de dentes.
Traerano a escola tódolos luns e levarano pra casa tódolos venres (segundo o calendario escolar)
COMUNICACIÓN
Calquera comunicación sobre os servizos de comedor e madrugadores deberédeslla facer chegar a coordinadora de comedor mediante o seguinte número de WhatsApp : 674 58 39 72. Podedes deixar a mensaxe o día anterior pra que a maña seguinte a coordinadora póidao xestionalo.
HORA DE LECER
Rogamos que os nenos non traian xoguetes da casa. Outro ano máis acéptanse doazóns de xogos didácticos e deportivos, xogos de mesa, etc., e imos mercar algún material deportivo pro lecer dos nenos.
SERVICIO ESPORADICO
Os nenos que requiran a opción esporádica de comedor poden xestionalo directamente coa coordinadora de comedor ou coa oficina de Jardanay cunha antelación de 24h. Neste caso, por favor, levade os cartos xustos, en metálico.
CAMBIACUEROS
En que consiste?
O servizo de Cambiacueros está orientado aos nenos e nenas de Educación Infantil e consiste en que un membro do equipo de Jardanay acudirá a cambiar a muda do voso fillo ou filla se fose necesario. A escola avisará por teléfono e o monitor acudirá nun prazo máximo de 30 minutos. O horario de atención é o horario lectivo (durante as clases) así como o horario dos servizos de Jardanay (madrugadores e/o comedor).
Quen cambia aos/as nenos/as?
Jardanay conta cun equipo de Cambiadores con dispoñibilidade pra achegarse ao colexio no caso de ser necesario. No caso de que o horario o permita, darase preferencia a que atendan aos/as nenos/as o equipo do colexio.
Como se contrata?
Contrátase igual que o servizo de comedor ou madrugadores: enchendo un formulario a través da páxina web de Jardanay. Na apartado “área clientes”, pícase sobre o colexio e éntrase na plataforma en liña co usuario (novomesoiro) e contrasinal (comedores2023) do colexio. O formulario para darse de alta ou baixa no servizo está no menú.
Como levo as mudas?
As familias debedes asegurarvos de que os nenos contan con polo menos unha muda limpa completa no comedor (roupa interior, roupa e calcetíns ou medias). A roupa debe estar marcada co nome do neno/a.
Traede ao colexio unha caixa co nome do neno/nena marcado por fóra para gardar as mudas, que nós gardaremos no comedor. Entregarémosvos as mudas sucias nunha bolsa de plástico e devolverédesnos as mudas limpas, que gardaremos na caixa do neno/a.
Suxerímosvos por favor que a caixa sexa o seguinte modelo de IKEA, para facilitar a súa almacenaxe:
• Caixa SAMLA, con tapa, transparente, de 28x20x14 cm / 5 litros
Se tedes calquera dúbida con relación a este servizo, poñédevos en contacto connosco con Jardanay na oficina ou a través do coordinador/a en o colexio.
XA PODEDES DESCARGAR O MENÚ DESTE TRIMESTRE
⬇️⬇️⬇️⬇️⬇️⬇️