Ola Familias:
Hoxe empeza as inscricións para as actividades extraescolares para o curso 23/24.
PERÍODO DAS INSCRICIÓNS:
FEDERACIÓN DE ANPAS: 11 DE SETEMBRO ATA O 17 DE SETEMBRO
DEMÁS EMPRESAS: 11 DE SETEMBRO ATA O 24 DE SETEMBRO
Aquí deixámosvos moitas informacións sobre cada actividade e ademais podedes atopar no noso Instagram descricións dalgunhas destas actividades.
Podédelo descargar nos arquivos adxuntos
En anexo podedes atopar as propostas das actividades para ese curso. divididas en tres categorías:
4º,º5 e 6º de infantil; 1º e 2º de primaria e 3º a 6º de primaria.
ACTIVIDADE DE PREPATINAXE FEDERACIÓN DE ANPAS
Este ano veredes que se límita a actividade a trinta nen@s, 15 para 5ºe 6º de Infantil, e outros 15 para 1º e 2º de primaria respectivamente.
O ano pasado ofertouse esta actividade sen limitacións de idades ou prazas, e os resultados non foron o esperados. A Federación de Anpas aconsenllou facelo así, para asegurar unha actividade de calidade, que é o que se busca.
Se houbese mais nen@s que prazas, faráse un sorteo entre tod@s @s inscrit@s. O resto, poderá optar por outra actividade que sexa do gusto, dentro do cuadro que veredes a continuación.
Recordade que para esta actividade é necesario o uso de proteccións, e que tedes un espazo no cole para deixar os patíns durante o curso.
Os nenos e nenas teñen que ser responsables do seu material, e os pais e nais de envialo debidamente marcado co nome… non podemos facernos responsables de extravíos.
En canto o tipo de patín, non é obrigado que sexa de ningún tipo específico, podedes aproveitar os que teñades (liña, ou catro rodas), ou mercar os que estimedes.
IMPORTANTE:
- Hai que respectar os prazos de inscrición para poder empezar a tempo e cos grupos feitos.
- Non se pode asistir un só día de maneira sistemática. O formulario non permite o solapamentos nas nosas actividades, se se fai con outras, o grupo non se mantería.
- Non se permitirá duplicar as fichas, facer varias inscricións, co obxectivo de inscribir en 2 actividades que se solapen.
Proximamente realizaremos unha reunión informativa para poder atender a todas as dúbidas sobre as actividades extraescolares, servizo de comedor e o programa AMPANET.
Esteades atentos aos vosos correos.
Un saúdo
Equipo Directivo ANPA Monte do Muiño
Anexo | Tamaño |
---|---|
PROPUESTAS INFANTIL.pdf | 99.62 KB |
PROPUESTAS 1º Y 2º PRIMARIA.pdf | 96.77 KB |
PROPUESTAS 3º, 4º, 5º Y 6º PRIMARIA.pdf | 102.37 KB |
INFORMACIÓN EXTRAESCOLARES ACTUALIZADO.pdf | 137.98 KB |