Skip to Content

Novas

CAMPAMENTO DE SEMANA SANTA

Ola Familias:

 

Deixámosvos toda a información sobre o campamento de Semana Santa ofrecido polo noso colaborador  Serocio.

 

Pica na ligazón para inscribirse.

https://serocio.com/reserva-plaza-campamento-semana-santa-serocio-2022/

 

Para calquera dúbida, enviedes un correo electrónico a anpaceipnovomesoiro@gmail.com

 

Un saúdo e bo fin de semana. 

Equipo ANPA Monte  do  Muiño

SESIÓN DISCIPLINA POSITIVA

Ferramentas de Educación Consciente e Responsable centrada no respecto mutuo.

 

Seguindo en colaboración da ANPA Monte do Muiño co Ceip Novo Mesoiro, o próximo 14 de marzo realizarase unha sesión formativa para as familias e docentes do devandito centro con María Soto, de Educa Bonito. En dita sesión, presentará ferramentas para unha educación máis consciente:

"Límites sen castigos, agarimo sen permisividade".

LUNS 14 DE MARZO: 17:30 ata 19:00.

(Entrada polo pavillón cuberto)

Imprescindible inscrición previa no formulario.(Preme no enlace)

 

+Info sobre María Soto - "Educa Bonito"

CONVOCATORIA ASAMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA

Ola Familias!
 
Comunicámosvos que se realizará unha Asemblea Xeral Extraordinaria.
Tedes toda a información sobre a convocatória no arquivo adxunto.
Aquel pai/nai ou titor que non poida asistir a asemblea , poderá delegar o seu voto a outro socio mediante a autorización que vos facilitamos. 
Unicamente poden ter dereito  a voto aqueles socios que se atopen ao corrente de pago da cota anual da Asociación.
 
Para calquera dúbida quedamos á vosa disposición no correo anpaceipnovomesoiro@gmail.com
 
Moitas Grazas,
Un saúdo
Junta Directiva Anpa Monte do Muiño

SESIÓNS INFORMATIVAS BECAS COMEDOR CURSO 2022-23

Ola familias!

 
Segundo información recibida recentemente, as familias que teñan dúbidas sobre a convocatoria das "BECAS COMEDOR 2022-23" poderán acudir as sesións formativas que terán lugar nos seguintes centros cívicos da cidade: 
 
Mesoiro : 03-03-2022 as 20:00
 
Novoboandanza: 08-03-2022 as 16:00
 
Monte Alto: 09-03-2022 as10:00
 
Elviña: 11-03-2022 as 10:00
 
San Diego: 15-03-2022 as 10:00
 
Mallos: 16-03-2022 as 16:00
 
Labañou: 18-03-2022 12:00.
 
IMPORTANTE: NON e preciso inscribirse, son sesións abertas a cidadanía até encher espazo.
 
Un saúdo
ANPA Monte do Muiño.

Convocatoria Bolsas Comedor Municipais curso 2022-2023

Onte 23 de febreiro do 2022, publicouse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña a convocatoria de bolsas municipais de comedor para o curso 2022-2023, para o alumnado de centros escolares sempre que estean localizados no termo municipal da Coruña e conten cun comedor autorizado pola consellería competente.

O prazo para a presentación de solicitudes será do 2 ao 31 de marzo, ambos incluídos.

A información e a documentación da convocatoria está dispoñible nos seguintes enlaces do concello:

- Na sede electrónica

https://sede.coruna.gal/sede/gl/tramites-e-servizos-electronicos/quia-de-procedementos-e-servizos/detalle-de-procedementos/bolsas-comedor-convocatoria-2022/contenido/1453790624382

-Na web de servizos sociais:

https://www.coruna.gal/serviciossociales/es/prestaciones/detalle-prestaciones-sociales/ayudas-economicas-a-familias-para-comedores-escolares-beca-comedor/contenido/1370999749815

A solicitude e a documentación a achegar, poderán presentarse, previa cita, (010, citaprevia. coruna. gal), nos rexistros municipais (Praza de María Pita, Fórum Metropolitano, Centro Agora, Franxa e do CCM Mesoiro), no rexistro telemático da sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gob.es) así como en calquera outro dos previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Nesta convocatoria non será necesario achegar o certificado de escolaridade se autoriza coa sinatura á consulta na solicitude e non se opón expresamente a súa consulta.

Todos os listados (requirimentos de corrección, listas provisionais e definitivas...) identificarán a solicitude do menor atendendo ao código de asento de rexistro da solicitude inicial.

CURSO GIMNASIO FIBRA

Ola Familia!
 
De seguido adxuntamos a información que nos fai chegar o noso colaborador o Gimnasio Fibra,  sobre un curso de defensa persoal para mulleres, no que as socias da ANPA podedes beneficiarvos dun precio especial de 15 €. 
 
 
ATENCIÖN!! Ter en conta que as prazas son limitadas.
 
 
Un saúdo
ANPA Monte do Muiño

CAMPAMENTO ENTROIDO SEROCIO 2022

Bó día, familias!

 
Xa está preto o entroido,  e por tanto, o "CAMPAMENTO DE CARNAVAL SerOcio 2022", ter en conta que como soci@s tedes prioridade e descontos con respecto o resto de asistententes. É un campamento para conciliar, se o precisades, e para que os rapaces/as poidan pasar un entroido super entretidos e divertindose moito.
 
Aquí tendes a información máis importante do campamento:
 
Fechas: podedes elexir un ou dous días (o que precisedes). O 1 de marzo non tenemos campamento xa que es festivo.
- 28 de febreiro
- 2 de marzo
 
Horarios: de 9:00 a 14:00 con opción de madrugadores dende as 7:45 e comedor hasta as 16:00 (suxeito a mínimos).
 
Sede: NO NOSO COLEXIO.
 
Precios
- Campamento: 9 €/día
- Madrugadores: 4 €/día (inclúe almorzo)
- Comedor: 6 €/día
 
Descontos aplicábeis sobre o precio do concepto campamento:
- 0.50 € Se pertences a ANPA ou a unha ANPA de SerOcio
- 0.50 € Se traes a un amigo (un irmán é tamén un amigo :))
 
 
Dúbidas e preguntasanpaceipnovomesoiro@gmail.com 
 
 
Un saúdo
ANPA Monte do Muiño
 

MENÚ JARDANAY SEGUNDO TRIMESTRE

Ola Familias

 

Deixamos á vosa disposición en adxunto o menú de Jardanay deste trimestre. 

 

Un saúdo

Anpa Monte  do  Muiño

GAÑADORES DO CONCURSO DE SAMAÍN

Ola  Famílias

 Aquí están as gañadoras do noso concurso de Samaín moi contentas coas súas cestas.

 Moitísimas grazas a todos que participaron no concurso.

Un saúdo

Anpa Monte  do  Muiño

 

Distribuir contido


by Dr. Radut