Skip to Content

Secretaría

FORMALIZACIÓN MATRÍCULA

Prazo de matrícula entre o 20-30 xuño

Os alumnos/as de novo ingreso admitidos formalizarán a súa inscrición na secretaría do colexio.

Se finalizado este prazo non se formalizase a matrícula, decaerá o dereito á praza obtida.

documentación a presentar para a formalización da matrícula é a seguinte:

- Impreso de matrícula (recoller en Conserxería ou en adxuntos). (Traede unha copia para cuñarvos e levar de xustificante).

- Impresos de autorizacións (recoller en Conserxería ou en adxuntos).

- Impreso de pregunta ás familias do alumnado de 4º nivel de E.Infantil sobre a lingua materna (recoller en Conserxería ou en adxuntos).

- 2 Fotografías tamaño carnet.

- Fotocopia tarxeta sanitaria. (Traede copia e orixinal).

- Fotocopia do boletín de vacinas. (Traede copia e orixinal).

- Copia do boletín de avaliación final do curso 2022/2023 (só para alumnos xa escolarizados noutro colexio).

O horario de atención ao público de secretaría para a matrícula do alumnado será:

 

Día 20 de xuño de 13:10 a 14:00.

 

Día 21 xuño de 09:00 a 09:50.

 

Do 22 e 23 de xuño e do 26 ao 30 de xuño 09:30 a 10:30.

Calquera dúbida chamar ao centro ou contactade vía e-mail.

*Non se realizarán fotocopias de documentos persoais no centro*

PROCEDEMENTO ADMISIÓN CURSO 2023/2024

Publicamos a información relativa ao proceso de admisión de alumnado para o curso 2023/2024.

Lembrade que no centro non se farán fotocopias e teredes que traer a fotocopia da primeira folla da solicitude.

Para o procedemento vía telemática podedes acceder na seguinte dirección:

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

VACANTES OFERTADAS 

CURSO

VACANTES

RESERVA PRAZAS NEAE

4º EDUCACIÓN INFANTIL

44

6

5º EDUCACIÓN INFANTIL

13

 

6º EDUCACIÓN INFANTIL

3

 

1º EDUCACIÓN PRIMARIA

1

1

2º EDUCACIÓN PRIMARIA

7

 

3º EDUCACIÓN PRIMARIA

9

 

4º EDUCACIÓN PRIMARIA

2

 

5º EDUCACIÓN PRIMARIA

14

 

6º EDUCACIÓN PRIMARIA

16

 

 

PUBLICACIÓNS

25 DE ABRIL: LISTAXE PROVISIONAL (5 Días hábiles de reclamación).

15 DE MAIO: LISTAXE DEFINITIVA

 

***No caso de ter que baremar informarase pola web do centro o procedemento a seguir e a documentación a presentar. Haberá un prazo de 10 días hábiles contados dende o día seguinte ao remate do prazo para presentar as solicitudes (20 de marzo)***

 

 

Adxúntase a documentación relativa ao procedemento. 

 

Teredes a vosa disposición o documento ED550B na conserxería do centro. (9:00-14:00)

AXUDAS COMPLEMENTARIAS MATERIAL ESCOLAR

Atendendo á resolución do 5 de outubro de 2022 informamos da concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022.

 

1. Os beneficiarios do vale para adquirir material escolar por importe de 50€ recibirán un vale adicional de 25€.

2. As familias poden recoller os vales a partir do próximo luns 17 de outubro, en horario de secretaría:

LUNS: 09:00 A 09:50

XOVES: 13:10 A 14:00.

VENRES: 09:00 A 09:50.

3. O vale debe empregarse preferentemente na libraría/establecemento antes do 1 de decembro de 2022.

4. No suposto de extravío pola familia ou pola libraría, o centro educativo nunca  expedirá un duplicado.

5. A persoa que recolla o vale ten que corresponder coa solicitante da axuda. Poderase autorizar a unha persoa adulta a recoller o vale, sempre coa firma de autorización correspondente e a fotocopia do DNI.

Un cordial saúdo.

O equipo directivo.

RENOVACIÓN CONSELLO ESCOLAR

Estimadas familias:

Informámosvos que atendendo á resolución do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa,  os centros que comezaron o seu funcionamento no curso 2020/21 e no curso 2021/22 levarán a cabo a primeira renovación do consello escolar prevista na lexislación vixente, de acordo co calendario xeral.

Polo tanto renovaranse os seguintes postos:

- 3 representantes das familias

- 2 representantes do profesorado.

 

Irémosvos informando do proceso a través da web e ABALAR MÓBIL.

Un cordial saúdo.

O equipo directivo.

FORMALIZACIÓN MATRÍCULA CURSO 2022/2023

Prazo de matrícula entre o 20-30 xuño

Os alumnos/as de novo ingreso admitidos formalizarán a súa inscrición na secretaría do colexio.

Se finalizado este prazo non se formalizase a matrícula, decaerá o dereito á praza obtida.

A documentación a presentar para a formalización da matrícula é a seguinte:

- Impreso de matrícula (recoller en Conserxería ou en adxuntos). (Traede unha copia para cuñarvos e levar de xustificante).

- Impresos de autorizacións (recoller en Conserxería ou en adxuntos).

- Impreso de pregunta ás familias do alumnado de 4º nivel de E.Infantil sobre a lingua materna (recoller en Conserxería ou en adxuntos).

- 2 Fotografías tamaño carnet.

- Fotocopia tarxeta sanitaria. (Traede copia e orixinal).

- Fotocopia do boletín de vacinas. (Traede copia e orixinal).

- Copia do boletín de avaliación final do curso 2021/2022 (só para alumnos xa escolarizados noutro colexio).

O horario de atención ao público de secretaría para a matrícula do alumnado será:

Días 20, 22 e 23 de xuño de 09:00 a 09:50.

Día 21 xuño de 13:00 a 14:00.

Do 27 ao 30 de xuño de 09:30 a 10:30.

* Calquera dúbida chamar ao centro ou contactade vía e-mail.

*Non se realizarán fotocopias de documentos persoais no centro*

ADMISIÓN CURSO 2022/2023

Publicamos a información relativa ao proceso de admisión de alumnado para o curso 2022/2023.

Lembrade que no centro non se farán fotocopias e teredes que traer a fotocopia da primeira folla da solicitude.

A documentación presentada debe vir compulsada ou presentar no centro os orixinais.

No caso de optar a un curso de primaria, deberase achegar a certificación de matrícula do centro de procedencia.

                 

                       

                 

ADMISIÓN CURSO 2022

COMEZAMOS O PROCESO DE ADMISIÓN CON ESTA PRESENTACIÓN VIRTUAL DO NOSO CENTRO

 

Descargade o PDF adxunto e facede clic en cada unha das imaxes

 

Así mesmo, repetimos, se algunha cuestión particular se quere aclarar, mellor tedes o noso correo electrónico ou teléfono de contacto.

RESERVA DE PRAZA INSTITUTO

CURSO 2022/2023
 
Reserva de praza para instituto.
Alumnado de 6º de Educación Primaria.
 
O prazo de presentación de solicitudes será desde o 11 de xaneiro ata o 8 de febreiro, ambos inclusive.
Esta solicitude deberase presentar no CEIP NOVO MESOIRO ou en calquera dos
lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo
Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou

certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación.

 
*Horario especial de Secretaría para a entrega do documento de reserva de praza*
 

 09:00 a 09:50 horas  LUNS e VENRES

13:10 a 14:00 horas MARTES E XOVES

11:25 a 12:15 MÉRCORES

 

Está en adxunto o documento de reserva e tamén hai copias a disposición no propio centro.

 *Traer, a maiores, unha copia da primeira folla do documento de reserva para selar e entregarvos de xustificante*.

RECOLLIDA DE MÁSCARAS

Publicouse no taboleiro de anuncios do noso centro a listaxe definitiva de admitidos para o procedemento de distribución de máscaras.

Poderedes vir a recoller as máscaras, a partir de mañá xoves día 2 de decembro, no seguinte horario:

 09:00 a 09:50 horas  LUNS e VENRES

13:10 a 14:00 horas MARTES E XOVES

11:25 a 12:15 MÉRCORES

Uso de máscara

Evitar aglomeracións

Unha única persoa por recollida

 

persoa designada para recoller as máscaras, é a mesma que realizou a solicitude do cheque de material.

 

**Deixamos adxunto o modelo de autorización**

**Contra a exclusión na listaxe definitiva, as persoas afectadas poderán interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da listaxe definitiva

Distribuir contido


by Dr. Radut