Skip to Content

Blogue de martinvarela

FORMALIZACIÓN MATRÍCULA CURSO 2022/2023

Prazo de matrícula entre o 20-30 xuño

Os alumnos/as de novo ingreso admitidos formalizarán a súa inscrición na secretaría do colexio.

Se finalizado este prazo non se formalizase a matrícula, decaerá o dereito á praza obtida.

A documentación a presentar para a formalización da matrícula é a seguinte:

- Impreso de matrícula (recoller en Conserxería ou en adxuntos). (Traede unha copia para cuñarvos e levar de xustificante).

- Impresos de autorizacións (recoller en Conserxería ou en adxuntos).

- Impreso de pregunta ás familias do alumnado de 4º nivel de E.Infantil sobre a lingua materna (recoller en Conserxería ou en adxuntos).

- 2 Fotografías tamaño carnet.

- Fotocopia tarxeta sanitaria. (Traede copia e orixinal).

- Fotocopia do boletín de vacinas. (Traede copia e orixinal).

- Copia do boletín de avaliación final do curso 2021/2022 (só para alumnos xa escolarizados noutro colexio).

O horario de atención ao público de secretaría para a matrícula do alumnado será:

Días 20, 22 e 23 de xuño de 09:00 a 09:50.

Día 21 xuño de 13:00 a 14:00.

Do 27 ao 30 de xuño de 09:30 a 10:30.

* Calquera dúbida chamar ao centro ou contactade vía e-mail.

*Non se realizarán fotocopias de documentos persoais no centro*

Distribuir contido


by Dr. Radut