Responder ó comentario
CHARLA DE EXMESTRES/AS DO COLEXIO
O martes 12 de maio de 2009 foi unha sorte estar con varios compañeiros/as que representan aos primeiros profes do colexio.
É difícil atopar a moitos deles e a algúns dos que chamamos non puideron vir .Pero esta foi a primeira xuntanza e se alguén quedou sen avisar, contamos coa presenza e a axuda de todos/as para poñernos en contacto cos que faltan e ter unha grande festa en decembro.
Os exmestres/as participantes na mesa foron:
Victor Sobral Mera, natural de Ponteareas,estivo no colexio dende o curso 69-70.
Tamén daba clases na Granxa Escola e Areas.
Traballou no centro ata que foi Delegado de Cultura en Pontevedra no período preautonómico.
Algúns dos seus fillos estudaron no noso cole e na actualidade tamén son docentes.
Concepción Alfaro Gil, natural de Ponteareas,estivo no cole dende o curso 69-70 ata a súa xubilación.
Conchita sempre foi paciente ,pacífica e xenerosa
Unha das súas fillas tamén é mestra.
Conchita vive en Canedo , a zona mais tranquila de Ponteareas , moi poucas veces baixa ao centro por iso
é unha sorte tela esta tarde con nós.
Mª Esther Montero Couñago, natural de Ponteareas, estivo no colexio dende o 69-70.
Trasladouse a Vigo e na actualidade está entre Ponteareas , Porriño e Vigo disfrutando dos seus fillos que tamén foron alumnos nosos e dos seus netos,dous deles están no cole.
Ubaldo Bautista Bugarín, natural de Prado Ponteareas, chegou de moi novo ao colexio no curso 72-73, e por certo din os seus compañeiros que lle tocou un curso ben difícil...
Despois de moitas voltas volveu ao colexio fai dous ou tres cursos...pero non quixo quedarse pois agora ten outros asuntos que tratar .
Ofelia Gonzalez Otero é natural de Fiolledo (Salvaterra de MIño).
Cando chamamos a Ofelia para que asistira a charla pois estivera no colexio no curso 72-73, indicounos que xa estivera no curso 69-70 pois era a mestra de Moreira, que foi unha das primeiras parroquias que se agruparon.
Estivo en Muros, en Cádiz e de novo en Ponteareas no cole ata fai un par de anos.
Amelia Gonzalez Rodríguez , natural das Neves.
Chega dende Andalucia esta mestra moi nova...no curso 72-73 e aquí quedou traballando ata fai dous cursos, estando no CEIP Bouza Brey nestes últimos anos.
Amelia é Marila, é a profe de Ximnasia, é a encargada do comedor,é a forza, o entusiasmo e cando había algún problema..._Imos falar con Doña Amelia...
Bernardo Freijedo Alvarez, natural de Piñor en Ourense, despois da súa andaina por Asturias, chega a Ponteareas no curso 73-74 e aquí quedou ata o 2005-06 entre outras cousas por celebrar un matrimonio pedagóxico que tanto se levaba daquela.
Os seus fillos tamén estudaron no noso cole e na actualidade dedícanse a docencia.
RESULTOU UN ACTO EMOTIVO E MOI AGRADABLE PARA TODOS OS ASISTENTES.