CHARLA DE EXMESTRES/AS DO COLEXIO

 

O martes 12 de maio de 2009  foi unha  sorte  estar  con varios compañeiros/as  que  representan  aos  primeiros  profes  do  colexio.

É  difícil  atopar  a  moitos  deles  e  a  algúns  dos  que  chamamos  non  puideron  vir .Pero  esta  foi  a  primeira xuntanza   e  se  alguén  quedou  sen  avisar, contamos  coa presenza  e  a  axuda  de todos/as para  poñernos  en  contacto  cos  que  faltan  e  ter  unha  grande   festa en  decembro.

Os exmestres/as participantes na mesa foron:

Victor  Sobral Mera, natural  de  Ponteareas,estivo  no  colexio  dende  o  curso 69-70.

Tamén  daba  clases  na  Granxa  Escola  e  Areas.

Traballou  no  centro  ata  que  foi  Delegado  de  Cultura  en  Pontevedra  no  período preautonómico.

Algúns  dos  seus  fillos  estudaron  no  noso  cole  e  na  actualidade  tamén  son  docentes.

Concepción Alfaro  Gil, natural  de  Ponteareas,estivo  no  cole  dende  o  curso  69-70  ata  a  súa  xubilación.

Conchita  sempre  foi   paciente ,pacífica  e  xenerosa

Unha  das  súas  fillas  tamén  é  mestra.

Conchita  vive   en  Canedo , a  zona  mais  tranquila  de  Ponteareas ,  moi  poucas  veces  baixa  ao  centro  por  iso 

é  unha  sorte  tela  esta  tarde  con  nós.   

Mª Esther  Montero  Couñago, natural  de  Ponteareas, estivo  no  colexio  dende  o  69-70.

Trasladouse  a  Vigo  e  na  actualidade  está  entre  Ponteareas , Porriño  e Vigo  disfrutando  dos  seus  fillos  que  tamén  foron  alumnos  nosos  e  dos  seus  netos,dous  deles  están  no  cole.

Ubaldo  Bautista  Bugarín, natural  de  Prado Ponteareas, chegou  de  moi  novo  ao  colexio  no  curso  72-73, e  por certo  din  os  seus  compañeiros  que  lle  tocou  un  curso ben  difícil...

Despois  de  moitas  voltas  volveu  ao  colexio  fai  dous  ou  tres  cursos...pero  non  quixo  quedarse  pois  agora ten  outros  asuntos  que  tratar .

Ofelia  Gonzalez  Otero é natural  de  Fiolledo  (Salvaterra de MIño).

Cando    chamamos  a  Ofelia  para  que  asistira  a  charla pois  estivera  no  colexio  no  curso 72-73, indicounos  que xa  estivera  no curso  69-70 pois  era  a  mestra  de  Moreira,  que  foi  unha  das  primeiras  parroquias  que  se  agruparon.

Estivo  en  Muros, en  Cádiz  e  de  novo  en  Ponteareas  no  cole  ata  fai  un  par  de  anos.

Amelia  Gonzalez  Rodríguez  ,  natural  das  Neves.

Chega  dende  Andalucia  esta  mestra  moi  nova...no  curso 72-73  e  aquí  quedou  traballando  ata  fai  dous  cursos, estando no CEIP Bouza Brey nestes últimos anos.

Amelia  é  Marila, é  a  profe  de  Ximnasia, é  a  encargada  do  comedor,é  a  forza, o  entusiasmo  e  cando  había  algún  problema..._Imos  falar  con  Doña  Amelia...

Bernardo  Freijedo Alvarez, natural  de  Piñor  en  Ourense, despois  da  súa  andaina  por  Asturias, chega  a  Ponteareas  no  curso 73-74  e  aquí  quedou  ata  o  2005-06  entre  outras  cousas  por  celebrar  un  matrimonio  pedagóxico  que  tanto  se  levaba  daquela.

Os  seus  fillos  tamén  estudaron  no  noso  cole  e  na  actualidade    dedícanse  a  docencia.

RESULTOU UN ACTO EMOTIVO E MOI AGRADABLE PARA TODOS OS ASISTENTES.