LISTAXE DEFINITIVA FONDOLIBROS E VALES MATERIAL ESCOLAR 2024/25

Hoxe publícanse as listaxes DEFINITIVAS, que segundo marca a convocatoria, soamente se poden expoñer no taboleiro do centro OU consultar na aplicación fondolibros co certificado electrónico ou chave365.

 

Os vales entregaranse os días 3, 4 e 5 de xullo, en HORARIO DE 10 A 14H.

Os libros de texto deste fondo entregaranse ás familias os días 4, 5 e 6 de setembro de 2024. (día 2 de 12 a 14h; días 5 e 6 de 10 a 14h)

NOTAS: 

* Poden autorizar POR ESCRITO a outras persoas para vir a recoller os vales.

* Os vales non recollidos en xullo, poden ser recollidos en setembro xunto cos libros de texto.

*Teñan en conta que en 1º, 2º, 5º e 6º de E.Primaria non hai libros, polo que non sae vale para os mesmos nin adxudicación de lote algún.

Ponteareas, a 3 de xullo de 2024

LISTAXES FONDOLIBROS E VALES MATERIAL ESCOLAR 2024/25

Hoxe publícanse as listaxes PROVISIONAIS, que segundo marca a convocatoria, soamente se poden expoñer no taboleiro do centro OU consultar na aplicación fondolibros co certificado electrónico ou chave365. (Centro, horario 9 a 14h)

 

PRAZO RECLAMACIÓNS: luns 1 e martes 2 de xullo na secretaría do centro.
 
PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS: 3 de xullo de 2024.
 
Os vales entregaranse os días 3, 4 e 5 de xullo.
Os libros de texto deste fondo entregaranse ás familias os días 4, 5 e 6 de setembro de 2024.
NOTAS: 
* Poden autorizar POR ESCRITO a outras persoas para vir a recoller os vales.
* Os vales non recollidos en xullo, poden ser recollidos en setembro xunto cos libros de texto.
*Teñan en conta que en 1º, 2º, 5º e 6º de E.Primaria non hai libros, polo que non sae vale para os mesmos nin adxudicación de lote algún.
Ponteareas, a 28 de xuño de 2024

SOLICITUDE DE COLABORACIÓN NO COMEDOR ESCOLAR

ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CENTRO CEIP NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS, COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2024-2025.

As nais, os pais, os/as titores/a legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2024-2025, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan na Secretaría. O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 1 de setembro de 2024, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 22 de decembro de 2024. Durante o curso escolar 2024-2025 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas. 

 

No arquivo adxunto podedes descargar o modelo de solicitude para traer cuberto ao centro OU enviar por correo electrónico.

Benvidos ao noso cole

Entrada principal

CEIP Plurilingüe Nosa Señora dos Remedios

1969-2019    50 anos formando para o futuro

Rúa Azorín, s/n. 36860. PONTEAREAS

Telf.: 886 110 532

Fax: 886 110 538

Correo:  ceip.nosasenora.remedios@edu.xunta.gal

Impresos para AUTORIZACIÓNS

Nesta entrada podedes descargar os impresos para diferentes AUTORIZACIÓNS:

Autorización recollida alumnado      Autorización sair sós    Autorización sair sós CON IRMÁNS

Períodos durante os que se poderán presentar as novas autorizacións ou modificación das existentes:

- mes de setembro

- 15 últimos días de xaneiro

- 15 últimos días de marzo

AULA MATINAL 2024/25

Dende o venres 28 de xuño está dispoñible na web do Concello (https://portal.ponteareas.gal/documento/conciliacion-aula-matinal-24-25/) a inscrición para a aula matinal do próximo curso 24-25.

LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2024/25

Publícase a listaxe de libros de texto para o curso 2024/25, ver arquivo adxunto.

FELICES VACACIÓNS!

Pois xa chegou o día! Hoxe comeza o verán e con el as VACACIÓNS!

Agora toca descansar para volver con forza e enerxía en setembro!
Ás alumnas e alumnos de 6º de Ed. Primaria queremos desexarvos moita sorte nos vosos camiños!
Aquí tedes a vosa casa

Bo verán!

     

FESTA FIN DE CURSO DO COLE

Acabamos o curso 2023/24 cunha gran festa da auga e da escuma onde gozamos dun día de verán estupendo!

Non queremos pechar o curso sen despedirnos d@s nos@s alumn@s de 6ºEP desexándolles todo o mellor nos seus camiños. E dando a noraboa e a benvida a Primaria a@s pequen@s que remataron a etapa de Infantil.

BO VERÁN!!

FESTIVAL DE MÚSICA FIN DE CURSO

Un resumo do festival de música de fin de curso.

Grazas á mestra Lucía por organizalo.

Por certo... hoxe chegou o verán!

Preparad@s para a festa de mañá?

Distribuir contido