SEMINARIO PERMANENTE DE EDUCACIÓN INTERCULTURAL

Igual que en anos anteriores, seis mestras/es do noso C.E.I.P. "Nosa Señora dos Remedios" teñen concedido un Seminario Permanente de Educación Intercultural por parte da Consellería de Educación. Para este curso hai dúas novas incorporacións e xa se está a traballar en diversas actividades a desenrolar durante o curso.

No noso Colexio a Educación Intercultural ocupa un lugar privilexiado e a existencia de alumnado de diferentes culturas e países constitúese nun feito moi enriquecedor para toda a Comunidade Educativa.

Podes acceder a máis información deste Seminario Permanente entrando no blog do mesmo

QUEN SOMOS?

O CEIP Plurilingüe Nosa Señora dos Remedios é un Colexio Público de Educación Infantil e Primaria, Plurilingüe e con Educación Dixital (Edixgal), que se atopa situado na Comarca do Condado, no sur da provincia de Pontevedra no Concello de Ponteareas.

Ponteareas limita con Salvaterra de Miño, O Porriño, Salceda de Caselas e Mondariz, e está situado a 26 quilómetros de Vigo. 

O noso Colexio conta neste intre con seis unidades de E. Infantil e quince de E. Primaria e está situado no casco urbano da vila. Levamos unha longa traxectoria no mundo da educación, cumprindo fai pouco os 50 anos de ensinanza (1969-2019).

O C.E.I.P. "NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS" CONTA CUN PLAN DE MELLORA DA CALIDADE TAMÉN NESTE CURSO

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia vén de aprobar o Plan de Mellora da Calidade para este curso 2007-08, que presentou o noso Colexio.

Somos o único centro da zona que conta cun Plan deste tipo e isto vai supoñer un novo pulo na mellora da calidade da educación que se presta neste centro.

Ademais, este curso contamos cun equipo de calidade no Colexio que vai traballar neste eido con continuidade.

OPERACIÓN MEDIA MOCHILA

Na Escola de Familia de Ponteareas elaborouse un folleto sobre as dores de costas e as mochilas. Este folleto está distribuído entre o alumnado do Colexio para que pais, nais e fillos/as coñezan consellos de moita utilidade para evitar problemas de costas nos nenos/as.

Publicaremos o folleto no blog do Colexio proximamente.

O PESO DAS MOCHILAS DOS ALUMNOS E ALUMNAS

O tema do peso das mochilas do alumnado é algo que está a preocupar aos pais e nais. Parece moi interesante un traballo que aparece na revista consumer.es eroski saúde no que se trata este tema. Para velo completo ide a esta dirección en Internet : http://www.consumer.es/web/es/salud/prevencion/2004/10/07/110019.php

 Proximamente dende o Departamento de Orientación farase un tríptico que colgaremos na web do colexio e que se repartirá entre as familias.

PUBLICADOS NA WEB VARIOS DOCUMENTOS DO PROGRAMA DE TÉCNICAS DE ESTUDIO

Veñen de ser publicados nesta web, no apartado do Departamento de Orientación -Técnicas de Estudio, catro documentos dentro do Programa de Técnicas de Estudio.

O ENTROIDO NO COLEXIO

Na semana do 12 ao 16 de febreiro celebrámo-lo Entroido no Colexio. De luns a xoves o Meco foi dando as súas ordes para seren cumpridas no Cole.

O mércores fixemos a XI Degustación de Sobremesas do Entroido, elaboradas polas familias nas súas casas.

O venres fixemos o desfile de disfraces polas rúas de Ponteareas, podendo contemplarse a grande beleza dos traxes feitos.

Distribuir contido