Actividades ENDL

  RADIO FALADORA

Para este curso que comezou a súa andaina, unha das actividades para o uso do galego, propostas polo ENDL e Biblioteca,  era a creación dunha emisora de Radio Escolar.

Pois, ben esta emisora xa está funcionando dende o pasado día 8 de outubro; e aínda que estamos aprendendo e facendo probas xa levamos 4 programas, nos que ademais de levar a cabo un concurso para elixir o nome (a gañadora foi unha alumna de 5º: Vérónica Vázquez Pumeda, que nomeou a nosa radio como RADIO FALADORA,este será o nome polo que se recoñeza de agora en diante), xa fixeron a súa intervención os alumnos de 1º B e 4º B.

Da emisión destes programas de radio, que se emite nos mércores alá polas 12 e cuarto da maña, encárganse  catro alumnos-locutores de 6º que van rotando, neste primeiro trimestre.

Os programas constan de novas do colexio, actividades (adiviñas, monográficos, resumo de saídas...) que os alumnos xunto cos seus titores/as propoñen e música que os alumnos elixen.

Animádevos a  deixar a vosa opinión proposta, así como a participar.

Arquivos adxuntos dos programas emitidos até o de agora.

RECUNCHO GALEGO

               Outra das actividades propostas polo ENDL para este curso a nivel de linguaxe escrita é o Recuncho Galego. Tratase de dous murais que permanecerán cada un nunha entrada do colexio para que os alumnos vaian deixando escritos.

Neste trimestre a proposta é  deixar adiviñas, refráns, trabalinguas ou cantigas que se refiran ao outono escritas en papeis con forma de follas, cogomelos, landras, castañas...

Agardamos axiña se enchan, logo recolleranse e confeccionaranse libriños para a Biblioteca.

O C.E.I.P. "NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS" NO CANAL TEA TV

Este xoves 30 de outubro nun programa de Canal Tea, a Televisión de Ponteareas, foi entrevistado o Director do noso colexio. Na entrevista déronse a coñecer os diferentes programas e proxectos de innovación que se traballan no noso Centro durante este curso 2008-09 e que nos sitúan na vangarda da educación galega.

Así temos seccións bilingües en 3º de E. Primaria, un Plan de Mellora da Calidade, o programa PROA e un Proxecto para o uso educativo das Novas Tecnoloxías, que está entre os 10 seleccionados entre todos os presentados por centros de ensino non universitario de Galicia.

SEGUE AS PEGADAS...

Proximamente vai comezar unha nova edición deste xogo en defensa da ecoloxía.

 

ESTADE ATENTOS/AS!!!!!!!

 

Tanto nesta web como no blog do colexio irá aparecendo información sobre o xogo.

Pronto presentaremos á mascota.¿Quen será?

RADIO FALADORA: A Radio escolar do C.E.I.P. "Nosa Señora dos Remedios"

Xa temos nome para a nosa radio: RADIO FALADORA. Este nome foi elixido polo alumnado entre as diferentes propostas feitas por eles mesmos/as.

Este mércores 22 de outubro emitirase para o colexio o 3º programa de Radio Faladora. Confiamos en que guste tanto coma os anteriores.

O C.E.I.P. "NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS" SELECCIONADO PARA UN PROGRAMA DE INVESTIGACIÓN DA UNIVERSIDADE

O noso colexio vén de ser seleccionado xunto con outros 22 para participar nun proxecto de investigación que levan profesores da Universidade de Santiago de Compostela da súa Facultade de Ciencias da Educación.

Este programa de investigación busca chegar o deseñar un programa de intervención adaptado ao alumnado estranxeiro e do que se vai beneficiar tamén o demais alumnado.

Coa participación en proxectos como este, o noso Colexio sitúase unha vez máis na primeira liña de innovación.

O C.E.I.P. "NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS" CONTA ESTE CURSO TAMÉN CUN PLAN DE MELLORA DA CALIDADE

No Diario Oficial de Galicia de onte aparece a resolución da convocatoria de Plans de Autoavaliación e Mellora da Calidade para os centros de ensino non universitario.

Este ano tamén volveu a ser seleccionado o proxecto presentado polo noso colexio entre os aproximadamente 40 de toda Galicia que van desenvolver un Plan deste tipo neste curso 2008-09. Isto supón un novo pulo ao traballo que se está a facer no colexio cara un ensino público de auténtica calidade.

Temos que destacar que todo o profesorado participa neste Plan polo que está garantido o seu éxito.

O C.E.I.P. NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS SELECCIONADO PARA APLICAR UN PROXECTO DE NOVAS TECNOLOXÍAS

O C.E.I.P. Nosa Señora dos Remedios ven de ser seleccionado como un dos dez centros educativos de Galicia de ensino non universitario nos que se vai aplicar un Proxecto para o uso educativo das Tecnoloxías da Información e da Comunicación, elaborado e presentado polo noso Colexio diante da convocatoria da Consellería de Educación e O.U.

A selección deste proxecto fai que o noso colexio dea un paso de xigante no uso das novas tecnoloxías situándose na vangarda do ensino galego.

Pouco a pouco iremos falando deste importantísimo proxecto. 

No ficheiro adxunto está o proxecto seleccionado. 

 

INTERCAMBIOS CON ALUMNADO DE OUTROS PAÍSES

No arquivo adxunto vai en dúas partes unha presentación en powerpoint feita polo alumnado de 6º C, baixo a coordinación da súa titora, que está intercambiando información con alumnado do estranxeiro. 

¿Cales pensa que poden ser as causas dos problemas de conduta dalgúns nenos/as?

NOVO APARTADO NO PROGRAMA DE TÉCNICAS DE ESTUDIO

Xa está nesta web o apartado dedicado no Programa de Técnicas de Estudio ás técnicas do subliñado e do resumo.

Fíxate ben nos consellos que aparecen. Pronto haberá actividades na Aula Virtual sobre este Programa de Técnicas de Estudio.

Pincha aquí para ir a este apartado.

Distribuir contido