Skip to Content

                              

Actividades

Contacontos de Kalandraka

O Día Mundial da Poesía tivemos a visita duns contacontos moi especiais: Alex e Patricia, que fixeron que toda a comunidade educativa gozara coas súas narracións e fixemos unha viaxe fantástica grazas a nosa imaxinación.

Alex é o músico, e traía unha maleta chea de instrumentos, pero o que máis nos gustou foi o acordeón.

Patricia contounos e cantounos moitas historias...algunhas sen acabar para que nós busquemos o final na biblioteca do centro...

Imaxes da sesión de contacontos

Día mundial da poesía 2012

O día 21 de marzo celebramos no colexio o Día Mundial da Poesía.

Ao longo de toda a semana realizamos diversos obradoiros de poesía destinados a mellorar a técnica escrita dos nosos poetas.

Como remate da actividade, convocamos un concurso de poesía, no que os mellores poetas do cole recitaron as súas creacións literarias ante toda a comunidade educativa. Esta actividade realizámola na tarde do venres.

Con todos os poemas presentados realizamos un libro de poesía que pasa a formar parte dos fondos da biblioteca escolar.

Ver imaxes da celebración do Día Mundial da Poesía

 

VII Obradoiro de xogos tradicionais

Durante os mércores do mes de marzo realizaremos no noso centro un obradoiro de xogos populares que será impartido polo Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo.

Nestas sesións traballaremos os seguintes xogos:

Pillas, Bolos e virolla e Xogos bailados.

Na seguinte ligazón podedes ver as imaxes da actividade

Celebración do entroido 2012

XOVES DE COMADRES

O xoves 16 de febreiro celebramos o xoves de comadres no colexio. Todo o alumnado e profesorado asistiu disfrazado ao colexio. Este ano a imaxinación na confección dos disfraces foi espectacular e a calidade e orixinalidade dos mesmos provocou que foran moitos os premiados no desfile de disfraces que realizamos pola tarde.

Foi unha xornada educativa-festiva na que estivo presente o espírito rural e enxebre desta festa na que non faltou boa música para mover o esqueleto sen parar.

  • Podes ver máis imaxes na Galería do Colexio 
  • Estamos elaborando o vídeo desta celebración que pronto será colgado na web.

VENRES DE ENTROIDO

O venres 17 de febreiro, como acto final da semana do entroido, realizamos o desfile de entroido desde o colexio ata o Concello de Boborás, pasando polas principais rúas do pobo. A participación da comunidade educativa foi moi alta, a pesar da hora en que se celebrou. 

Este ano o tema central do entroido foi o conto de "Brancaneves e os sete ananiños", na galería de imaxes podedes observar o lucidos que quedaron os disfraces que elaboraron os nenos e nenas con axuda dos seus mestres e mestras.

Como colofón final, a esta celebración, invitámos a todas e todos os participantes no evento a unha chocolatada con churros e bica elaborada pola nosa fabulosa cociñeira Ana.  

  • Podes ver máis imaxes na Galería do Colexio 
  • Estamos elaborando o vídeo desta celebración que pronto será colgado na web.

Día da Paz 2012

O martes, 31 de xaneiro, celebramos no colexio o Día da Paz e Non Violencia coa realización de múltiples actividades que foron desenvolvidas ao longo da semana previa a esta data.

Este ano, a actividade estrela foi a interpretación dunha versión moi peculiar do baile de moda en todo o mundo, orixinal de Michel Teló e titulado "Ai, se eu te pego". Nós titulámolo "Ai, eu non pego!".

Nas seguintes ligazóns podedes ver o resumo das actividades realizadas:

  • Reportaxe fotográfica

Video do baile

 

Video coas actividades do Día da Paz e non Violencia

Samaín & hallowen 2011

Este ano celebramos o Samaín o xoves 27 de outubro, porque o 31 de outubro foi o Diá da Educación. Fixemos as seguintes actividades:

  • Decoración dos corredores e aula.
  • Concurso de cabazas con exposición das mesmas.
  • Pescudas de información sobre o Samaín.
  • Vestimos á momia.
  • Xogos das tumbas.
  • Búsqueda de diaños, agochados no patio.
  • Xogos de mímica sobre o Samaín.
  • Bailes do Samaín.
  • ...

Visita a galería de imaxes

Se queredes ver en que consistiron estas actividades, premede no video de máis abaixo.

 

Un mundo de Nenos

O día 25 de maio tivemos no centro unha visita moi especial, nin máis nin menos que a equipa de gravación do programa da TVG "Un mundo de nenos" que se emitirá a partir de setembro.

Do noso centro foron seleccionados dous nenos e dúas nenas que deron unha visión moi peculiar do panorama deportivo español, entre outras cousas.

Os alumnos que nos representarán no programa son Sara, Hector, Álvaro e Paula, todos eles de segundo Ciclo.

Así que xa sabedes: non vos podedes esquecer de por a TV galega no mes de setembro para ver aos novos artistas que acaban de xurdir das nosas aulas...

...quen sabe!!! ao mellor vémolos de protagonistas nalgunha serie da TVG!!

 

Imaxes da gravación

Correlingua 2011

O luns 9 de maio participamos na gran festa final do Correlingua que este ano, por primeira vez, se celebrou na vila do Carballiño grazas a Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística, á cal pertencemos, e a colaboración ofrecida polo Concello do Carballiño.

Foi unha xornada lúdico-festiva en apoio da nosa lingua con actividades para os máis cativos e para o alumnado máis grande. Ao finalizar as actividades, quedámos a xantar no Parque de Carballiño completando así unha xornada de festa e convivencia.

Se premedes na imaxe teredes acceso á reportaxe fotográfica.

Correlingua 2011

O Correlingua é unha actividade que se celebra de xeito regular desde o curso 2000-2001, consistente en diferentes carreiras que se celebran en 15 vilas de Galiza, e na que se prevé unha participación de 45.000 rapaces e rapazas procedentes de 400 centros educativos de todo o País.

O Correlingua está organizado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), a Confederación Intersindical Galega – Ensino (CIG-Ensino), a Mesa pola Normalización Lingüística, e os Concellos de Lugo, Pontevedra, Santiago e Vigo, e conta tamén coa colaboración das Deputacións de Lugo, A Coruña e Ourense, así como os distintos concellos das comarcas onde ten que ten lugar a actividade.

Este ano a Coordinadora de END da Comarca do Carballiño organizamos o Correlingua na vila do Carballiño contando coa colaboración de diferentes organizacións e asociacións da zona.

O programa a desenvolver será o seguinte:

  • 10:30 Recepción dos colexios no Parque do Carballiño.
    • 11:00  Saída da carreira/paseo polas rúas do Carballiño. Circuíto pechado ao tráfico rodado.
    • Saída: Avda. do Parque, R. Calvo Sotelo, R. Mosquera, R. Rosalía de Castro, R. Curros Enriquez, R. de Lamas, e chegada á Praza Vermella.
    • 11:30  Na praza do Concello: (Alumnado de Ed. Infantil e 1º Ciclo de EP.
    • Lectura de manifesto gañador (adaptado)
    • Lectura de gañadores do concurso de cartaces da CENDL do Carballiño.
    • Espectáculo de títeres, duración de 50 minutos.
    • 11:30  Na praza vermella:
    • Recepción dos participantes. (Visionado dos traballos do alumnado participante no Correlingua).
    • Lectura do manifesto gañador. “En galego sempre somos” grupo “Palabra de lebre” do IES Agra de Leborís ( A Laracha).
    • Lectura dos gañadores no concurso de adhesivos do Concello do Carballiño.
    • Lectura dos gañadores no concurso de cartaces para fomento do emprego do galego da CENDL da comarca do Carballiño.
    • Espectáculo de maxia a cargo de Martín Camiña.
    • Actuación dun dos gañadores do cantalingua:
      • Zënzar : “ O mundo ao revés”.
      • Som do Galpom: “Antes de pequeno”.
      • Sacha na Horta: “Galiza chamiza”.

Documentos para descargar:

Convivencia intercentros

O día 24 de marzo celebramos no noso centro unha nova edición da Convivencia Intercentros que vimos realizando os colexios de Beariz, O Irixo e Boborás.

Este ano a participación superou o centear de persoas. Realizáronse actividades diferentes, atendendo a idade do alumnado:

Os mais cativos:

  • Unha sesión de contacontos, a cargo de Esperanza e Mar, mestras do CEIP Virxe Pena da Sela, que resultou ser espectacular.
  • Estacións de Xogos colaborativos nas instalacións exteriores do centro.
  • Actividades predeportivas nos que se mesturaron os compoñentes dos equipos dos tres coles.

Os máis grandes:

  • Torneo triangular de fútbol sala nas seguintes categorías:
    • Benxamín masculino: Gañador o equipo de Boborás.
    • Alevín masculino: Gañadores os equipos de Beariz e o Irixo.
    • Feminino. Gañador o Equipo do Irixo.
    • Prebenxamín. Gañador o equipo de Boborás.

Unha vez finalizada a actividade deportiva gozamos dunha xornada gastronómica, na que, ademais das viandas, compartimos impresións cos nosos veciños e futuros compañeiros no IES Chamoso Lamas.

Xa estamos desexando que teña lugar outra edición desta Xuntanza!!

 

 Imaxes das actividades da Convivencia

Distribuir contido


by Dr. Radut