O personaxe é aquí o VERGALLEIRO. Figura de gran vistosidade pola súa indumentaria, de esmerada execución. Cada vergalleiro porta un corno de vacún que fai soar durante a súa actuación e un vergallo (“látigo” fabricado con xenitais de bois ou cabalos).
O Vergalleiro é típico de Sarreaus, onde tamén ó entroido é moi soado. Esta figura, equivale ao cigarrón ou peliqueiro, pero como se ve na fotografía presenta as súas diferenzas. O traxe leva unha camisa de liño con tres cintas entrelazadas de cor verde, negra e vermella; un chaleco de fieltro negro e polainas tamén negras con borlas vermellas, que van desde o xeonllo aos pés. Faixa tamén vermella, colgando chócalas ou campás pequenas e borlas negras. O corno de vaca é imprescindible para chamar co seu son á festa. A careta está feita en cartón e decorada con motivos animais ou celtas.
O Entroido en Sarreaus convoca multitude de visitantes que participan de forma activa no desfile, acabado o cal oriúndos e forasteiros reúnense nunha comida campestre de irmandade, sendo costume proporcionar a cada asistente unha xerra de barro, que logo se levará como recordo.
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |