A principios de mes foi reaberta, ao estupendo público lector que temos no colexio, a biblioteca escolar do centro.
Durante a semana anterior á celebración do Día das bibliotecas escolares realizamos na BE do centro diversas actividades, encamiñadas a estimular o uso da mesma, entre o alumnado do centro:
Realización de diversas actividades de formación de usuarios.
Diversas actividades de formación de colaboradores da BE.
Entrega de carnets de lectores ao novo alumnado.
Realización de novos marcapáxinas para facilitar a recolocación dos libros nos andeis.
Memorización e recitación de varios poemas alusivos á biblioteca.
Realización dun gran cartaz na entrada da biblioteca onde cada alumno foi colocando un libro ou conto que lle deixase pegada.
Reparto de novos trípticos coa normativa da BE.
Entrega das mochilas viaxeiras ao alumnado de Educación Infantil.
Representación, no rincón de prelectores, dun teatro de guiñol a cargo do alumnado de 3º Ciclo e destinado ao alumnado de Educación Infantil.