Skip to main content

ESCORNABOTS

ESPAZO ARGALLEIRO

NA NOSA BIBLIOTECA TEMOS UN "ESPAZO ARGALLEIRO", ONDE PODER POÑER EN PRÁCTICA A CREATIVIDADE COS ESCORNABOTS E PEZAS ENCAIXABLES.

ÁS VECES, PODERANSE REALIZAR OUTRAS CONSTRUCIÓNS COA AXUDA DAS PROFES.

NESTA OCASIÓN MONTOUSE DUN BRAZO ROBÓTICO.

ROBÓTICA NA BIBLIOTECA

A ROBÓTICA ESTÁ PRESENTE NO NOSO COLEXIO GRAZAS AO PROXECTO "ESCORNABOTS NA BIBLIOTECA ESCOLAR"

O ALUMNADO TIVO O SEU PRIMEIRO ACHEGAMENTO CUNHA ACTIVIDADE PARA COÑECER A CDU, DENTRO DA FORMACIÓN DE USUARIOS.

DISPOÑERON DUNHA PLANTILLA CON IMAXES DE PERCEBÍN REPRESENTANDO A CDU

E DE DIFERENTES IMAXES DE CUBERTAS DE LIBROS QUE ESTÁN PRESENTES NA NOSA BIBLIOTECA.

                   

                                                           PLANTILLA DA CDU, CON PERCEBÍN, PARA XOGAR COS ESCORNABOTS

 

             

ESCÓLLESE A IMAXE DUNHA CUBERTA DUN LIBRO.

DECÍDESE EN QUE NÚMERO DA CDU DEBERÍA UBICARSE.

COMPRÓBASE MIRANDO A FICHA DA CUBERTA POLO REVERSO.

DESPLÁZASE O ESCORNABOT ATA O NÚMERO/IMAXE CORRESPONDENTE.

        

                   

 

MONTAXE DE ESCORNABOTS

XA ESTAMOS PREPARANDO OS ESCORNABOTS PARA PODER UTILIZALOS O VINDEIRO CURSO ESCOLAR.

 

 

 

NO SEGUINTE DOCUMENTO QUEDAN PLASMADOS OS PASOS A SEGUIR PARA A SÚA MONTAXE,

PRESTANDO ATENCIÓN ÁS DIFICULTADES QUE NOS FOMOS ATOPANDO.

Distribuir contido