Skip to main content

Animación á lectura

Recreos na biblioteca

A nosa biblioteca escolar abre as súas portas tamén nos recreos para todo o alumnado que queira facer uso dela neste período de lecer. Algúns nenos e nenas veñen a ler, outros a mirar as novidades e algún ven co seu portatil de abalar para acceder a internet ou facer traballos. Un dos nosos obxectivos é ampliar a biblioteca escolar, e convertila nun verdadeiro centro de recursos para os procesos de ensinanza-aprendizaxe do noso alumnado.

CONCURSO MARCAPÁXINAS

O xoves 19 de xuño entregáronse na Biblioteca Municipal os premios aos gañadores do Concurso de Marcapáxinas co motivo das Letras Galegas. O tema dos  marcapáxinas foi "Cedeira" (lugares, paisaxes, monumentos...). O Concello editará carteis e os marcapáxinas gañadores, que se repartirán entre o alumnado do centro no vindeiro curso. Ver noticia, noticia1.

TEATRO: " NICOLÁS E FADA CANINA"

Os nenos e nenas do Ceip Nicolás del Río, agás os de 3 anos e os de 3º de Educación Primaria que xa tiñan programada outra actividade, acudiron ao Auditorio para ver unha obra de teatro titulada: "NICOLÁS E A FADA CANINA", interpretada polo grupo "Teatro da Vila". Esta obra é unha das actividades do proxecto único e pioneiro a nivel internacional "CANCIENCIA" que se centra na prevención de ataques de cans na infancia.

 

LECTURAS COMPARTIDAS

Dende a  bibloteca escolar iniciouse unha actividade do centro de lecturas compartidas entre as clases do colexio. Uns fixeron dramatizacións, outros cantaron cancións, recitáronse fragmentos do Quixote, etc.... Preme na imaxe para ver un video dunha das actividades.

 

A BIBLIOTECA ESCOLAR ABRE NOS RECREOS!!!!

A nosa biblioteca abriu este xoves as súas portas para o alumnado que queira facer uso dela nos recreos. Tras un longo traballo de catalogación, organización e preparación da biblioteca xa nos decidimos a dar este paso que tanto demandaban os nenos e nenas do noso colexio. Os colaboradores son os encargados de xestionar o préstamo no ordenador, así coma colocar os libros, recomendar lecturas e facer que se cumpran as normas. O calendario semanal da biblioteca queda do seguinte xeito:

  • Luns: 1º de Educación Primaria.
  • Martes: 2º de Educación Primaria.
  • Mércores: 3º e 4º de Educación Primaria.
  • Xoves: 5º de Educación Primaria.
  • Venres: 6º de Educación Primaria.

VISITA DO ESCRITOR MARCOS CALVEIRO

O mércores 9 de abril, visitounos o escritor MARCOS CALVEIRO, que estivo falando cós alumnos e alumnas de 5º e 6º de Educación Primaria do seu libro "PALABRAS DE AUGA", co que conseguiu o premio Merlín da literatura infantil no ano 2012.

CURTAMETRAXE "E TI....VAS Á MODA?"

No Ceip Nicolás del Río fixemos unha curtametraxe titulada "E ti... vas á moda?" na que participaron os nosos alumnos e alumnas, ademáis doutros actores secundarios. Esperamos que vos guste, aínda que non somos profesionais fixémolo coas nosas posibilidades, e damos a gracias a todas as persoas que colaboraron no video. Preme aquí para ver o video.

CONTACONTOS

O mércores 12 de marzo visitounos un contacontos para Educación Infantil e o 1º ciclo de Educación primaria.

A MASCOTA DA BIBLIOTECA!!!!

XA TEMOS MASCOTA NA BIBLIOTECA

Os nenos que quixeron participaron no concurso para elixir mascota do cole.

Participaron nenos de diferentes idades debuxando cada un un percebe.

Votouse a partir de duas eleccións, a primeira votárona os profesores do equipo  da biblioteca, e a segunda os nenos do voluntariado da biblioteca deste trimestre.

Os finalistas foron oito e o gañador deses oito foi o debuxo feito por

Maria Candelaria Santana Santamaría, de 6ºB

Nome dos debuxantes finalistas:

  • Agus 1ºA
  • Sergio Casas 6ºA
  • Juan Fran 6ºB
  • Mailen Marín Fernández 1ºC
  • Samuel 5ºA
  • Iago 5ºB
  • Elías Pérez Lorenzo 4ºB

ANIMACIÓN Á LECTURA 3º

Preme na imaxe para ver as fotos da actividade.

Distribuir contido