COMEZAMOS O CURSO CON DÚAS NOVIDADES:
- O ALUMNADO USUARIO DA BIBLIOTECA COLLERÁ O MARCADOR DE LIBROS AO ENTRAR.
- REALIZAREMOS QUENDAS POR CURSO, TOCANDO A DOUS DÍAS Á SEMANA PARA CADA CURSO E OS LUNS DE OBRADOIROS.
(Poden consultarse as quendas na biblioteca e na aula).
O ALUMNADO DO CENTRO REMATOU CON ÉXITO A FORMACIÓN DE USUARIOS A TRAVÉS DUNHA PEQUENA CHARLA E UNHA SERIE DE ACTIVIDADES INTERACTIVAS, NAS QUE O PRINCIPAL OBXECTIVO É A LOCALIZACIÓN DOS LIBROS NA CDU E NAS DÚAS SALAS. ASÍ ROTARON POR ACTIVIDADES COMO:
- LEVAR O LIBRO Á SÚA SALA CUN BLUE BOT.
- LOCALIZAR O LIBRO NA CDU CON BLUE BOT, ESCORNABOTS, MBOT...
- COLOREAR A CDU.
- INSTAURAR AS PRIMEIRAS NORMAS DE USO DA BIBLIOTECA.
- USAR O MARCADOR NA ENTRADA E NA LECTURA.
- PROBAR OS NOSOS COÑECEMENTOS CUN KAHOO.
POR OUTRA BANDA, O ALUMNADO VOLUNTARIO XA COLABORA NA XESTIÓN E ORGANIZACIÓN DA BIBLIOTECA NO TEMPO DE LECER.
EN QUENDAS SEMANAIS, REPARTIDAS NOS TRES TRIMESTRES, OS E AS AXUDANTES REALIZARÁN O PRÉSTAMO INFORMATIZADO, FARÁN UN REXISTRO DO USO DAS TICS, MANTERÁN OS FONDOS ORDENADOS NOS ANDEIS, ACONSELLARÁN AO ALUMNADO USUARIO...
ASÍ QUE VOS DAMOS AS...
GRACIAS POR AGASALLARNOS CO VOSO TEMPO!!!