Skip to main content

FORMACIÓN DE USUARIOS - VOLUNTARIADO

COMEZAMOS O CURSO CON DÚAS NOVIDADES:

- O ALUMNADO USUARIO DA BIBLIOTECA COLLERÁ O MARCADOR DE LIBROS AO ENTRAR.

- REALIZAREMOS QUENDAS POR CURSO, TOCANDO A DOUS DÍAS Á SEMANA PARA CADA CURSO E OS LUNS DE OBRADOIROS.

(Poden consultarse as quendas na biblioteca e na aula).

O ALUMNADO DO CENTRO REMATOU CON ÉXITO A FORMACIÓN DE USUARIOS A TRAVÉS DUNHA PEQUENA CHARLA E UNHA SERIE DE ACTIVIDADES INTERACTIVAS, NAS QUE O PRINCIPAL OBXECTIVO É A LOCALIZACIÓN DOS LIBROS NA CDU E NAS DÚAS SALAS. ASÍ ROTARON POR ACTIVIDADES COMO:

- LEVAR O LIBRO Á SÚA SALA CUN BLUE BOT.

- LOCALIZAR O LIBRO NA CDU CON BLUE BOT, ESCORNABOTS, MBOT...

- COLOREAR A CDU.

- INSTAURAR AS PRIMEIRAS NORMAS DE USO DA BIBLIOTECA.

- USAR O MARCADOR NA ENTRADA E NA LECTURA.

- PROBAR OS NOSOS COÑECEMENTOS CUN KAHOO.

POR OUTRA BANDA, O ALUMNADO VOLUNTARIO XA COLABORA NA XESTIÓN E ORGANIZACIÓN DA BIBLIOTECA NO TEMPO DE LECER.

 

EN QUENDAS SEMANAIS, REPARTIDAS NOS TRES TRIMESTRES, OS E AS AXUDANTES REALIZARÁN O PRÉSTAMO INFORMATIZADO, FARÁN UN REXISTRO DO USO DAS TICS, MANTERÁN OS FONDOS ORDENADOS NOS ANDEIS,  ACONSELLARÁN AO ALUMNADO USUARIO...

ASÍ QUE VOS DAMOS AS...

 

GRACIAS POR AGASALLARNOS CO VOSO TEMPO!!!