FORMACIÓN LECTURA E FAMILIAS #LecturaeFamilias #educaciónafectivosexual #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
Onte levouse a cabo a formación de "Lectura e Familias".
Como xa víñamos informando tíñamos moita preocupación
polo perigo nas redes, o acceso á pornografía na infancia e
a carencia de Educación Afectivo Sexual. Necesitábamos axudar
á cativada, para iso era indispensable que familias
e escola tivésemos estratexias para abordar esta temática.
Asi, que a través do programa da Asesoría de Bibliotecas,
"Lectura e familias" decidimos poñer nas mans de "As Atalaias"
esta formación. Elas son unha cooperativa galega que traballa en
prol das persoas e as súas necesidades. Tivemos connosco a
Raquel Veiga Teijeiro, diplomada en Educación Social e formada
en diversos aspectos como convivencia, sexualidade, resolución de conflitos...
A xornada tivo un aforo amplo e todas e todos saimos reafirmados,
sabendo como comezar e con ganas de repetir. As familias que o desexaron
cargaronse de libros para documentarse e ser unha canle para iniciar
conversas coa rapazada. É de moita importancia que sexamos sinceros,
contestemos as súas inquedanzas e proporcionemos información fiable.
É básico ser referentes da nosa prole, e senon somos nós asegurar
que quen o sexa teña a nosa plena confianza.
Agradecer á Anpa Picapeixe e a tódolos que puxeron semente para que
esta actividade chegase a tan bo porto.
En breves compartiremos os vídeos e información que achegue Raquel.
Se queredes ampliar información con videos e webs,
podedes entrar na web da biblioteca ou no Facebook ou Twitter
da Biblioteca Escolar "Carlos Labraña" alí tedes moitas información
baixo o título: ESPAZOS SEGUROS PARA A INFANCIA.
Gracias á comunidade educativa pola súa resposta.