Os Vagalumes están desexosos de usar os Patios Vivos con máis intensidade,
pero as choivas deixaron moitos desperfectos e agora toca facer unha
limpeza profunda para volver ao seu uso cotía. Estes días de sol permitiron
secar pozas e endurecer o barrizal que se formara en varias zonas,
así que puxeron luvas e mandilóns e aproveitaron o tempo. Sacaron as
herbas máis tupidas, queda pendente o lavado de testos e cubos.
Solicitaron ao Concello de Cedeira a retirada do resto das herbas
que non puideron sacar (hai que facelo de raíz para que non rebroten,
algunhas teñen pinchos). Comezaron a facer un sementeiro para adicar
unha pequena parte do patio á horta. Falaron dos tipos de plantas (árbores,
arbustos e herbas), da Camelia que temos nun dos patios...
Dende agora os Patios Vivos, estarán moito máis activos coa chegada
da Candeloria, pois metade do inverno vai fóra. Deste xeito tamén
traballaron o paso do tempo e recordaron proxectos fermosos realizados
con outro alumnado que pasou pola escola. Ciclos de vida que se repiten.
Por unha rapazada concienciada!