LECTURAS COMPARTIDAS INTERNIVEIS #LecturasCompartidas #bescolaresgal #bibliotecainclusiva #igualdade #bescolaresgalabertas
As veces só necesitamos tempo, darlles tempo.
Catro grupos cooperativos de segundo prepararon o conto
"Corre, corre cabaciña". A idea era lelo en grupo, organizarse e
preparalo nas horas de ler que necesitaran. A mestra daría
indicacións se o pedían e escoitaría a dramatización sempre
que eles o solicitasen. Cada un foi organizando, tiveron conflictos,
por suposto, uns botaron máis días resolvéndoos que outros, natural,
cada quen xestiona as emocións como sabe, pode ou o contorno llelo permite.
A mestra intercedía para solventalas cando o pedían ou notaba que era
necesario encauzalos. Pero a meirande parte do tempo, a pasaban lendo
e cada vez, aparecía máis dramatización: voces, acenos... e mil ideas para
engalanar a lectura. Estaban lendo para ser escoitados e iso non ten prezo,
é o culmen, o desexado. Aprender a ler con sentido, porque importa o que contamos.
Podedes ver as caras de felicidade, tanto dos que len, como dos que escoitan.
Tamén un anaco dunha das lecturas que resume nuns
segundos ata onde poden chegar dándolles tempo e certa liberdade.
Parabéns rapazada!
Ao rematar, ensínanlles o obxecto que acompaña ao conto, unha casa de
cabaza con boneco e camiña incluída, todo en tecidos naturais da artesá Carmen Lorenzo.
Por suposto, para xogar!