Enviado por PERCEBÍN LECTOR o Dom, 04/12/2022 - 14:47
Posted in
O alumnado de sexto que participou no programa Erasmus do proxecto Doris,
compartiu con nós as suas vivencias e impresións, neste caso concreto na viaxe a Suecia.
Alí visitaron varios centros educativos e varias cidades de Suecia.
Crean un primeiro borrador para a posterior escaleta. Despois de varias correcións,
aquí temos o resultado, na nosa Radio Experimental.
Un traballo cargado de ilusión, non só polo vivido e contado
senón tamén pola emoción da próxima visita.