INSTALACIÓN "O PODER DAS PALABRAS" #Infancia #Radionabiblio #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #LIA #Lectura #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
Enviado por PERCEBÍN LECTOR o Lun, 28/11/2022 - 22:02
Posted in
Unha instalaciónción para que a infancia poña palabras aos seus
sentimentos, unha provocación para non deixar a ninguén indiferente.
Provocación que parte da lectura e escoita do libro de Fabiana Ottaviani
e Cristina Petit e ao que o alumnado de primeiro pon voz.
Coa intención incitar, estimular, suscitar, mover, desafiar... e non deixar a
ninguén sen palabras a biblioteca abre un espazo de arte, cultura e xogo para
toda a comunidade educativa, que xunta crea, xoga, escribe e inventa novos relatos.
Grazas por encher a biblioteca de palabras!