Posted in
Despois de dar voltas por un lado, por outro, estimar pesos, caídas, estudar
tipos de sons e todo o que pode facer, cunha caixa pechada con algo dentro
que non podes ver. Desvelamos o contido do 2º reto da Biblioteca Inclusiva.
Era dífícil, ninguén acertou exactamente, pero si moitos se achegaron.
O alumnado de 1º foi o encargado de abrir a caixa e ver o que contiña.
A pesares da derrota, foron quen de repoñerse e aproveitar
o achado para facer un obradoiro de pulseiras!