A ilustración é un medio de comunicación, dende a Prehistoria ven agasallando con datos sobre a forma de vida, gustos, talentos...
e hoxe, na era Covid é un medio para coñecer e expresar o noso estado de ánimo e deixar saír todo o que temos dentro.
A ilustración na vida non se pode conmemorar nun día, está presente permanentemente,
pero os Vagalumes de 1º C quixeron afondar máis no seu coñecemento.
Escolleron un libro: "Alén. A arte de explorar" de Lièbana Goñi, que ademáis de contar unha fermosa historia,
ten unhas ilustracións magníficas e nas súas follas podes atopar retallos de moitas obras de arte.
A busca de estas obras e o debate sobre o conto, fixo que foran conscientes de que elas e eles
tamén son ilustradores cotiás e por que non replicar esas obras? E nesas están!
Ademáis, están creando quebracabezas das obras traballadas no espazo argalleiro da biblioteca creativa.
Esta é a primeira remesa. Pódese cambiar o número de pezas, o fondo... A xogar!!
CLICA EN CADA OBRA:
AUTORRETRATO CON MONOS - FRIDA KAHLO
A PERSISTENCIA DA MEMORIA - SALVADOR DALÍ
LABIRINTO - LEONORA CARRINGTON
MATERIAL CREADO PARA USO DO PROFESORADO:
Adxunto | Tamaño |
---|---|
COLLAGE LIBRO ALÉN A ARTE DE EXPLORAR.pdf | 6.65 MB |