Posted in
Chegamos ao día grande do Samaín no cole e dentro da programación de actividades de hoxe (que a verdade foi un día moi completiño! ), non podía faltar algo relacionado directamente coa biblioteca, os contos e as boas historias! E... qué mellor que un contacontos de Carlos Labraña? Veu contarnos o seu conto Indo para o Samaín editado por Everest Galicia, que fala das celebracions típicas desta data tan especial e de Cedeira!
O alumnado de 2º disfrutou desta obra nas gradas da biblio e, os pequenos e as pequenas de 4 anos aproveitaron o bo tempo para ver a obra no patio!