Hoxe martes, só dous días despois do Día das Letras, temos a fortuna de poder abrir as portas das Aulas no Aire de 5 anos a unha escritora galega.
O seu nome é Antía e hoxe participa nas nosas aulas dende a súa casa de Cecebre onde pasa a corentena. Seguro que imos aprender moito con ela.
Antía Yáñez, malia non levar moito tempo como escritora, xa ten cinco libros publicados:
O misterio de Portomarín (2016). Galaxia.
Senlleiras (2018). Galaxia.
O misterio do torque de Burela (2019). Galaxia.
Be Water (2019). Cuarto de inverno.
A Reconquista (2018). Baía Edicións.
Ao longo da súa traxectoria leva acadado distintos premios e recoñecementos, os primeiros que recibiu foron por traballos de relatos e microrrelatos, pero ten moitos outros:
- Premio Illa Nova de Narrativa, 2018 pola súa obra Senlleiras.
- I Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil e igualdade (2018) pola súa obra A Reconquista.
- Finalista do premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil con Be water, finalista este ano tamén como mellor libro xuvenil do ano 2019 na Gala do libro galego.
- III Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade, 2019 por Plan de rescate, que aínda está en camiño de ser publicado.
Amigos e amigas que nos ledes habitualmente, xa vedes…un verdadeiro orgullo poder contar hoxe con ela.
E xa que temos con nós a Antía, ocorréusenos que o mellor que podiamos facer era aproveitar e facerlle unhas cantas preguntas.
Pensándoo ben…
Por que será que unha escritora chega a selo? Por que sempre lle apasionou ler, ou escribir? Se cadra, por casualidades da vida, alguén lle recomendou que se puxese a escribir...
E…como se lle ocorren as historias?
E…que fai estes días de corentena?
Se cadra gustaríanos saber que é o que come para que a súa imaxinación sexa capaz de inventar as historias…
Así pois, a quenda vai para os nenos e nenas de cinco anos...aquí os tedes:
Gracias Antía por visitar a nosa biblioteca virtual.
https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/
@beCarlosLabrana
biblio.nicolas.del.rio@gmail.com