COMEZA A SEMANA ADICADA ÁS LETRAS GALEGAS.
Hoxe imos coleccionar palabras.
Si, si... está ben, non son cromos, nin chapas, nin pegatinas da froita...
PALABRAS
Unha vez estando nun congreso de profesorado, escoitámoslle a un Maestro que "Saber é saber palabras"; nesa mesma xuntanza, nunha sala chea de mestres de toda Galicia, un poeta comezou a súa exposición declarando que o que el facía era "roubar palabras nos libros cada día" para poder escribir...
Pois si, amiguiños e amiguiñas, unha das cousas máis importantes que tedes que aprender son PALABRAS. Moitas! Palabras grandes, palabras pequenas, palabras brillantes, palabras para a noite, palabras para rir e palabras para cando un está máis triste... O caso é saber que palabras queremos decir en cada momento e, para iso, para poder dicilas, hai que telas.
A biblioteca da escola está chea de libros e palabras, pero con esta actividade gustaríanos encher a nosa biblioteca virtual coma se fora un saco... Se as gardamos aquí, asegurámosvos que ninguén nolas vai poder quitar, e así poderemos collelas cando queiramos.
Será o noso tesouro e sempre o podemos abrir cando non saibamos que dicir...
Andivemos apañando palabras para esta actividade.
Agora é a vosa quenda:
A actividade de hoxe consiste en escoller unha palabra que vos guste moito en galego e escribila soa ou metela nunha frase, e mesmo gravar un vídeo. Cada un o que máis lle guste.
Que as palabras voen dende as vosas casas á nosa biblioteca virtual!
Só por participar poderedes recibir un agasallo de Percebiño.
Diego e Quique estanlle axudando a crear fotos personalizadas.
Mirade
Compartide as vosas creacións:
https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/
@beCarlosLabrana
biblio.nicolas.del.rio@gmail.com
Achegade tamén as vosas fotos para poder agasallarvos.