Skip to main content

OS MAIOS #euquedonacasa #bescolaresgalabertas

 

Entre marzo e abril sae o cuco do cubil

 

Certo é que o cuco, despois de pasar o inverno na África Tropical, ven á nosa terra entre marzo e abril

e de aí aquela cantiga popular que di:

 

Levántate maio

que tanto durmiches

Pasou o cuco

 e non o sentiches

 

 

Mandar que o maio se levante, que desperte,  é como pedirlle á natureza que se vista de flores, que xa vai sendo hora despois dos meses do inverno.

Xa imos entrando no mes de maio, e aínda non adicamos ningún día para celebralo e por iso hoxe queremos encher as casas de flores. 

Pero non hai mellor maneira de empezar que aprender algo sobre esta festividade. 

 

O mes de maio, o tempo das flores, anúnciase dende hai moitos anos na tradición popular. Son diversas as manifestacións que atopamos na cultura galega referidas a esta celebración e unha mostra diso podería ser o costume de poñer unha poliña de oliveira do día de ramos nas embarcacións, ou o de colocar arcos de flores nos campos das festas. Algúns deles consérvanse na nosa vila, como pode ser o caso do arco floral que se pon na entrada do adro no campo de San Antonio o día da festa, que aínda que non cadre en maio, podería ser considerado parte das celebracións do “Ciclo de Maio”.

Hai anos que vemos que nas escolas se celebra a festa dos maios, normalmente cunha actividade na que se colocan flores sobre unha estructura cónica ou piramidal, un maio figurado ou especie de árbore adobiada con flores e froitos. Podería ser unha das maneiras se estivéramos na escola, pero tamén dende as casas imos celebralo con cantigas e flores.

O propio sería percorrer as rúas pedindo un aguinaldo a cambio dunha canción, que nalgún tempo se daba en especies,

 

“Tire castañas señora Manuela,

tire castañas que as ten na mantela”

 

Esas castañas curadas recibían o nome de Maias, como tamén o recibían as nenas que saían ás rúas coa ocasión de pedir algo a cambio do seu cantar.

 

Aí van as propostas:

 

Podemos cantar este poema de Curros Enríquez 

 

 

 

 decorar o maio de Leandro Lamas ou debuxar un propio

 

 

 

e mesmo facer unha composición floral (quen teña a posibilidade, claro).

 

 

Compartide as vosas creacións:

https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/

@beCarlosLabrana

biblio.nicolas.del.rio@gmail.com