O alumnado empodérase e continúa deseñando obradoiros.
Neste caso as artes e o steam son a base da actividade.
Realízano dende o comezo, sen saltarse ningunha fase.
Xúntanse e definen que levará a actividade, realizan unha lista dos materiais necesarios (será a base de reciclados),
deseñan o cartaz para promocionar o obradoiro,
fan unhas táboas para que se apunte o alumnado e na data sinalada levan a cabo o obradoiro.
Como sempre, ocorren cousas que hai que contar; estas grandísimas persoas non só fixeron todo este traballo, e por certo moi ben realizado, senón que comezan o obradoiro e escoitas a un deles consultar en cal lingua levarán o obradoiro.
Conversan e axiña, sen dubidar, din: - en galego.
- Nenas, nenos, todos falamos en galego (coméntanlles aos participantes no obradoiro).
Un pracer de rapazada!