APRENDIZAXE COOPERATIVA E LECTURA
O ALUMNADO DE 1ºB ESTÁ APRENDENDO UN MONTÓN DE COUSAS, PERO O QUE MÁIS LLE GUSTA E COMPARTIR AS SÚAS APRENDIZAXES.
AO IGUAL QUE A SÚA MESTRA, DULCE, QUEN TAMÉN COMPARTE O SEU TRABALLO CON TODOS NÓS E CON TODOS OS QUE QUEIRAN! POIS PARTICIPA NO BLOG "PALABRAS AZULES" (galardoado co Premio Nacional de Proxectos Colaborativos).
E COMO NON PODÍA SER DOUTRA MANEIRA, APRENDERON CON ESTRATEXIAS COOPERATIVAS COMO CHEGAR A FACER UNHA LECTURA PARA OUTROS RAPACES E RAPAZAS DO NOSO COLE.
PODEDES VELO NO SEGUINTE ENLACE
http://elmarescolorazul.blogspot.com.es/2016/04/un-cuento-para-tres.html
VISITA DE RAFAEL USERO
O cronista oficial do noso Concello, Rafael Usero, visitou aos nenos e nenas de 1º e 2º, para ensinarnos entre outras cousas, a situar as catro portas das antigas murallas de Cedeira datadas no século XII. Esta actividade está enmarcada no proxecto "Cedeira é unha vila".
Petos novos!!!!
Os petos dos encargados substituíronse polos novos petos, son moi bonitos!
TEXTO: ALBA E GIULIA (5ºA)
Hai disfraces!!!
Neste entroido Percebín e os seus amigos trouxéronnos uns
disfraces
para que nos recreos os nenos e nenas poidan disfrazarse.
Hai disfraces como:
Brancaneves
Carapuchiña Vermella
Lobo feroz
Peter Pan ...
e moitos máis que ti tes que descubrir!!!
TEXTO: ALBA E GIULIA (5ºA)
CARLOS LABRAÑA
Hai xa un tempo que o noso querido Percebín fixo unha petición:
Tería que ser dunha persoa de Cedeira a quen lle gustasen os libros para nenos e nenas.
E faino tan ben que lle dan premios: Premio Estornela, Premio O Facho, gañador do Certame Xeración Nós ...
O curso pasado o alumnado representou a súa obra "Estrelamar", todo un éxito!
Todo o claustro de profesorado estivo de acordo coa suxestión ao igual que o Consello Escolar.
Así que despois de que o propio autor aceptase a proposta, temos o pracer de comunicarvos que a nosa biblioteca escolar pasará a denominarse "Carlos Labraña".
Serán diversas as actividades que faremos ao longo do curso para poder rematar coa reapertura da biblioteca, á que estaredes convidados ao seu debido tempo.
Polo de pronto, temos a sorte de poder contar con Carlos Labraña no Auditorio de Cedeira o martes 22 de decembro ás 19 h (entrada de balde) para presentar os seus dous últimos libros de teatro e a representación de "Estrelamar" a cargo do grupo de teatro Os Furabolos
MOCHILAS VIAXEIRAS
As mochilas viaxeiras xa están de camiño.
Xa viaxan polos fogares do alumnado de 5 anos, 3º de Primaria e 6º.
Conteñen libros, revistas, música e películas; en galego, castelán e inglés.
Axudarán a coñecer lugares próximos, a facer traballos manuais, cantar cos máis famosos, gozar da maxia dos deportes…
Agora toca desfrutar delas en familia e compartir esa experiencia no
diario da mochila.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 111
- 112
- 113
- 114
- 115
- 116
- 117
- 118
- 119
- seguinte ›
- última »