Skip to main content

MENSAXE NUNHA BOTELLA

Posted in

ANTES DE REMATAR O CURSO, O ALUMNADO DA CLASE DE 5 ANOS B FINALIZOU O SEU PROXECTO "MARES DE CEDEIRA" ENVIANDO MENSAXES EN BOTELLAS.

 

POIS UNHA DAS BOTELLAS XA CHEGOU AO "SEU DESTINO": A PRAIA DE AUGAS SANTAS (COÑECIDA COMO PRAIA DAS CATEDRAIS), NA COSTA DE LUGO.

 

FOI ATOPADA POR LAURA, ENCARGADA DA XESTIÓN DE ACCESO AO AREAL, QUEN SE PUXO EN CONTACTO A TRAVÉS DUNHA MENSAXE DE FACEBOOK.

MOITAS GRAZAS!

AGARDAMOS QUE AS OUTRAS MENSAXES ARRIBEN A BO PORTO!

PROXECTO "MARES DE CEDEIRA""

DURANTE O CURSO ESCOLAR 2016-2017, NO CEIP NICOLÁS DEL RÍO ESTIVEMOS INMERSOS NUN PROXECTO ARREDOR DAS XENTES DO MAR DE CEDEIRA E A LEMBRANZA QUE SE CONSERVA EN IMAXES.

CONVIDOUSE A TODO O ALUMNADO E ÁS SÚAS FAMILIAS A PARTICIPAR APORTANDO FOTOGRAFÍAS PARA COMPOÑER A MOSTRA "SALSEIRO DE RECORDOS" NO MUSEO "MARES DE CEDEIRA".

NESTE TRABALLO DE INVESTIGACIÓN AS NENAS E NENOS ACHEGÁRONSE ÁS FONTES DE INFORMACIÓN (TANTO EN IMAXES COMA COA TRASMISIÓN ORAL DO SABER), SELECCIONARON O MÁIS IMPORTANTE E O COMPARTIRON COS DEMAIS.

NA MATERIA DE LIBRE CONFIGURACIÓN "APRENDER A INVESTIGAR", DE 4º E 6º NIVEIS DE EDUCACIÓN PRIMARIA, MANEXARON A INFORMACIÓN MEDIANTE O USO DO PROCESADOR DE TEXTOS.

UNHA VEZ COMPOSTA A EXPOSICIÓN, TODO O ALUMNADO DE PRIMARIA ACUDIU AO MUSEO, ONDE PUIDO AMPLIAR O SEU COÑECEMENTO SOBRE O MAR.

FOI UN TRABALLO QUE PRECISOU DA COLABORACIÓN DE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA, OBTENDO UN PRODUTO FINAL QUE PUIDO SER COMPARTIDO CO PÚBLICO QUE SE ACHEGOU A VISITAR A MOSTRA AO MUSEO.

PROPICIOU OUTRAS APRENDIZAXES POSTERIORES E/OU PARALELAS, DESENVOLVIDAS POLO ALUMNADO DE 5 ANOS B (AFONDANDO NA TEMÁTICA DO MAR DE CEDEIRA) E 2ºB (REALIZANDO ENTREVISTAS RELACIONADAS COAS PROFESIÓNS DO MAR).

MONTAXE DE ESCORNABOTS

XA ESTAMOS PREPARANDO OS ESCORNABOTS PARA PODER UTILIZALOS O VINDEIRO CURSO ESCOLAR.

 

 

 

NO SEGUINTE DOCUMENTO QUEDAN PLASMADOS OS PASOS A SEGUIR PARA A SÚA MONTAXE,

PRESTANDO ATENCIÓN ÁS DIFICULTADES QUE NOS FOMOS ATOPANDO.

AdxuntoTamaño
MONTAXE ESCORNABOTS.odp5.02 MB

SYMBALOO - Cancións e xogos para repasar inglés. 1º

Posted in

SYMBALOO - Cancións e xogos para repasar inglés. 2º

Posted in

"AS MURALLAS DE CEDEIRA"

DENDE A BIBLIOTECA ESCOLAR "CARLOS LABRAÑA" APOIAMOS A ENSINANZA DUN "CURRICULUM CEDEIRÉS" POR MEDIO DUNHA METODOLOXÍA DE APRENDIZAXE BASEADA EN PROXECTOS E NA APRENDIZAXE COOPERATIVA.

UN EXEMPLO CLARO É O TRABALLO DESENVOLVIDO POR DULCE E O SEU ALUMNADO DURANTE OS DOUS ÚLTIMOS CURSOS ESCOLARES: INVESTIGARON, FORON ÁS FONTES DOCUMENTAIS, ORGANIZARON A INFORMACIÓN RECOLLIDA E OFRECERON O APRENDIDO PARA QUE TODOS POIDAMOS SABER MÁIS.

O PROXECTO "CEDEIRA É UNHA VILA" INCLÚE VARIAS TAREFAS. NESTA OCASIÓN CENTRÁRONSE NAS MURALLAS MEDIEVAIS DA VILA DE CEDEIRA E AS SÚAS PORTAS DE ACCESO.

A ANDAINA DESTE PROCESO INICIOUSE COA VISITA DE DON RAFAEL USERO, HISTORIADOR QUE AXUDOU AO ALUMNADO A ACUDIR ÁS FONTES PARA PODER DOCUMENTAR O SEU PROXECTO "CEDEIRA É UNHA VILA" E COA INFORMACIÓN RECOLLIDA ELABORARON UN LAPBOOK.

 

MAIS QUERÍAN COMPARTIR TODO ESE COÑECEMENTO, ASÍ QUE DESEÑARON UN TRÍPTICO EDITADO POLO CONCELLO COA AXUDA INDISPENSABLE DO NOSO BENQUERIDO QUIQUE. ADEMAIS DE ELABORAR OS TEXTOS, GRAVARON UNS VÍDEOS EXPLICATIVOS DE CADA UNHA DAS PORTAS AOS QUE SE PODE ACCEDER A TRAVÉS DUN CÓDIGO QR.

 

TODAS AS TAREFAS DE APRENDIZAXE REMATAN CUN PRODUTO SOCIALMENTE RELEVANTE. ADEMAIS DOS TRÍPTICOS, O CONCELLO COMPROMETEUSE A COLOCAR UNHAS PLACAS INFORMATIVAS EN CADA PORTA DA VILA CO TRABALLO REALIZADO POLO ALUMNADO AO LONGO DESTES DOUS CURSOS. QUIQUE FIXO O DESEÑO (unha vez máis, grazas) E OS OPERARIOS DO CONCELLO COLOCARON AS PLACAS NOS LUGARES CORRESPONDENTES.

 

 

XA TODOS, OS DE AQUÍ E OS QUE NOS VEÑAN VISITAR, PODEMOS COÑECER UNHA PARTE IMPORTANTE DA HISTORIA DA NOSA VILA. GRAZAS.

BO TRABALLO!

http://cedeira.gal/os-alumnos-do-ceip-nicolas-del-rio-colocan-carteis-con-codigos-q-para-sinalar-as-portas-de-acceso-a-cedeira-medieval/

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/cedeira/2017/06/17/cedeira-alumnos-ceip-nicolas-rio-indagan-historia-villa/0003_201706F17C6996.htm

 

PODEDES DESCARGAR O LECTOR DE CÓDIGOS QR NOS VOSOS DISPOSITIVOS MÓBILES E TABLETAS

http://www.codigos-qr.com/lectores-codigos-qr/

 

FINALIZARON ESTA AVENTURA CONVIDANDO ÁS FAMILIAS A UN PASEO

OBRADOIROS PARA O ALUMNADO VOLUNTARIO

ESTE MARTES O ALUMNADO VOLUNTARIO PUIDO DESFRUTAR DUN AGASALLO BEN MERECIDO COMO RECOÑECEMENTO Á LABOR QUE DESEMPEÑA NOS RECREOS AO LONGO DE TODO O CURSO ESCOLAR (e xa van catro).

25 ESCOLLIDOS (por sorteo) EXERCERON DE INVESTIGADORES NUN OBRADOIRO ARREDOR DA OBRA CONTOS POR PALABRAS DE AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ.

E TODOS XUNTOS

(máis de 90 rapaces e rapazas)

COMPARTIRON UN OBRADOIRO DE XOGOS TRADICIONAIS.

MOITAS GRAZAS A NEREA DO GRUPO XANDOBELA POR ACHEGARNOS ESTAS ACTIVIDADES E A ASESORÍA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA POR FACELO POSIBLE.

E GRAZAS, SOBRE TODO, AO ALUMNADO VOLUNTARIO

QUE FOMENTA A LECTURA (e moito máis) NO NOSO CENTRO.

 

 

NORABOA VOLUNTARIAS E VOLUNTARIOS!

 A CONVOCATORIA DO PROGRAMA BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS

"VOLUNTARIADO DE LECTURA-A"

PARA ALUMNADO DE 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

RESOLVEU SELECCIONAR 8 CENTROS.

(VISTAS AS MEMORIAS DE ACTIVIDADES PRESENTADAS POR 52 DOS 56 CENTROS INSCRITOS NESTA INICIATIVA).

 

 

O NOSO CENTRO FOI UN DOS OITO SELECCIONADOS POLA GRAN LABOR QUE FAI O ALUMNADO VOLUNTARIO NAS DÚAS MODALIDADES QUE PARTICIPOU AO LONGO DO CURSO

  • COLABORACIÓN COA BIBLIOTECA ESCOLAR (90)
  • LECTURAS DENTRO DO CENTRO (21)

 

O VINDEIRO MARTES, 6 DE XUÑO, O ALUMNADO VOLUNTARIO PODERÁ PARTICIPAR DE OBRADOIROS NO NOSO CENTRO A CARGO DO GRUPO XANDOBELA.

PODEDES COÑECER UN POUCO MÁIS TRABALLO DO ALUMNADO VOLUNTARIO

NAS SEGUINTES LIGAZÓNS:

 

CONTACONTOS "O COCIÑEIRO MARTIÑO"

O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL DESFRUTOU DUNHA SESIÓN DE CONTACONTOS A CARGO DE IAGO LÓPEZ,

AUTOR DA OBRA "O COCIÑEIRO MARTIÑO" (Editorial )Xerais.

 

LETRAS GALEGAS 2017

 FESTEXAMOS AS LETRAS GALEGAS FACENDO UN PERCORRIDO POLA NOSA VILA AO MESMO TEMPO QUE DESCUBRIMOS A BIOGRAFÍA DE CARLOS CASARES.

Actividade organizada polos equipos de biblioteca e dinamización da lingua galega.

 


 
MARCOS, ALUMNO DE 4ºB, NOS EXPLICA COMO FOI A ACTIVIDADE