Skip to Content

blogue dealex

CAMBIOS NA ORGANIZACIÓN DO ENTROIDO NO CENTRO

Estimadas familias,

Informarvos duns cambios de última hora para mellorar a organización e aumentar o aforo dos familiares. As familias do alumnado de infantil terán que acceder ao centro pola porta pequena que hai ao lado de secretaría, que dá directamente ao patio cuberto de infantil. As familias do alumnado de primaria, accederán pola porta xiratoria verde de transporte

O alumnado realizará un circuíto polo centro que permitirá aos familiares poder velos a todos. 

Se o tempo nolo permitira, ás 9 da mañá avisaríamos no caso de que se puidera saír. Senón, as portas do centro estarán abertas a partir das 10:45h para que vaian accedendo as familias. O desfile comezará ás 11:30h.

Prégase respectar as zonas habilitadas para as familias.

Grazas.

DESFILE ENTROIDO NO INTERIOR DO CENTRO

Estimadas familias, 

Lamentablemente, a previsión meteorolóxica para mañá 9 de febreiro, non é moi favorable a realizar o pasarrúas pola vila. Polo tanto, faremos un desfile interno na escola ao que estades convidados a vir. Como ben sabedes, o espazo é limitado polo que non se pode asegurar que entre o mesmo número de persoas que se fose no exterior. 

Os familiares que veñades, teredes que entrar pola porta xiratoria verde de transporte, accedendo ao patio de césped artificial e ao ximnasio, onde estarán delimitadas as zonas para o público.

Acceso ao público dende ás 10:45 horas. O desfile do alumnado comezará ás 11:30 horas.

Agardamos desfrutedes do gran traballo realizado polo profesorado e alumnado durante moitas semanas.

 

MECO E PASARRÚAS ENTROIDO 2024

 

DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA 2024

O 30 de xaneiro xuntámonos todo o alumnado e profesorado para conmemorar o Día da Paz e Non Violencia 2024.

O alumnado intercambiou colgantes da paz realizados por eles, cunha frase que exprese o significado deste día. O discurso, a cargo das delegadas de 4º E.P., creou unha atmosfera de respecto, compañeirismo e colaboración. Este momento serviu de prólogo á solta de pombas, grazas a Jorge (Mendi), seguido da interpretación da canción "Soan as campás pola paz". A paz constrúese día a día, "un mundo mellor é posible".

 

 

 

 

MANDATOS DO MECO

Dende o 5 ao 9 de febreiro, terán lugar os mandatos do Meco no CEIP Nicolás del Río, que fixeron este ano os nenos e nenas de 6º de Educación Primaria.

RESERVA DE PRAZA EN CENTROS ADSCRITOS

Para o alumnado de 6º de Educación Primaria, o prazo de presentación de solicitudes, para a reserva de praza en centros adscritos (IES Punta Candieira),será dende o 15 de xaneiro ata o 5 de febreiro. As solicitudes poden facerse vía telemática no enlace 

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado 

ou de maneira presencial na secretaría do centro CEIP Nicolás del Río onde xa hai impresos.

 

Nadal 2023

PANXOLIÑAS 2023

DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA

O luns 20 de novembro conmemoramos o Día Universal da Infancia. O alumnado quixo poñer voz aos dereitos que teñen todos os nenos e nenas do mundo. Ademáis, o alumnado de 5º e 6º versionou ao galego unha canción de José Luis Perales Que canten os nenos, poñendo a banda sonora para este vídeo.


MAGOSTO 2023

Despois de moitos días de chuvia, puidemos festexar o Magosto acompañado de xogos populares.

Ligazón para a galería de fotos 

Samaín 2023

Seguindo a tradición, o noso alumnado festexou o Samaín 2023. Despois de decorar as portas das aulas, fixeron camisetas de pantasmas e preparon cabazas para levar ao "Cuarto escuro". 


 

MENÚ

O próximo luns día 23 de outubro comezaremos co novo menú. 

OFERTA DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DA ANPA PICAPEIXE. CURSO 2023-2024

Para inscribirse nalgunha das actividades extraescolares ofertadas pola Anpa Picapeixe para este curso 2023-2024 haberá que pasar pola secretaría do centro.

ALUMNADO COMEDOR

O alumnado usuario de comedor que non poida asistir, deberá avisar da súa ausencia chamando ao teléfono do centro antes das 10.00h da mañá.

PROBLEMAS TÉCNICOS

Estimadas familias,

Por problemas técnicos externos a nós, non podemos enviar informacións a través de Abalar. Sentimos as molestias ocasionadas. Seguiremos a enviar informacións a través da páxina web do centro. 

Lembrar que o próximo día 11 de setembro comezan as clases con horario de 8:55h a 13:55h. Excepto o alumnado de 3 anos que se atopa en período de adaptación.

 

BO COMEZO DE CURSO A TOD@S!

MENÚ ESCOLAR

O menú poderá sufrir algunha alteración atendendo a diferentes imprevistos que poidan xurdir. 

LISTADOS DE MATERIAL POR AULA

Publicados os listados de material de cada aula (1º, 3º e 5º de EP) para o curso 2023/2024.

Solicítase que a maiores do material cada alumno/a traia dous rolos de papel de cociña grandes salvo as aulas de 1ºEP que xa aparecen no listado de material.

LISTADOS DE MATERIAL POR AULA

Publicados os listados de material de cada aula (2º, 4º e 6º de EP) para o curso 2023/2024.

Solicítase que a maiores do material cada alumno/a traia dous rolos de papel de cociña grandes salvo as aulas de 2ºEP que xa aparecen no listado de material.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut