Skip to Content

Actividades curso 2023.24

Novidades importantes

 

 

Comedor escolar

Foron publicadas as instrucións de comedor escolar (Instrución 1/2024) da secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, do 1 de xuño,sobre o funcionamento dos comedores escolares de xestión directa para o curso 2024- 2025 (Consultar).

Na mesma réxense as normas xerais de usuarios de comedor e tamén as que colaboradores de comedor.

Na documentación vai anotado todo o que se ten que traer para poder facer efectiva a anotación na listaxe.

- Solicitude colaboración.

Anuncio apertura.

 

 

Festa Holi- Ed. Infantil

Corax- 3º Ed. Primaria.

Entrevista Lucas Pérez

Xogos para as olimpíadas de Mosteirón

Cliquear na imaxe e sairá o documento. 

Pinchando no xogo sairá o video.

Moitas gracias!!

Graduación Ed. Primaria

Graduación Ed. Infantil

Material e libros de texto 2024-25

Nos seguintes enlaces podedes consultar as listaxes de material escolar e libros de texto para o vindeiro curso.

- Na lista de material de infantil tamén aparecen as reunións iniciais.

- So hai libros de texto en 3º e 4º de Ed. Primaria.

-En 5º e 6º de Ed. Primaria trabállase con E- Dixgal, por tanto facilitarase un ordenador de préstamos ao alumnado a inicio de curso.

Material Ed. Infantil

Material e libros de. Primaria.

Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais - Citeni

Este venres o Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais - Citeni encheuse de rapazada: alumnado de 3º de E. Primaria do CEIP Plurilingüe O Mosteirón de #Sada puxo o colofón final ao último #VenresTecnolóxico do curso académico. Foi o premio a súa participación no concurso "Atrévete a pescudar con elas", iniciativa da Unidade de Divulgación e Cultura Científica da Universidade da Coruña en colaboración con F E C Y T · Ciencia e Innovación ·, para celebrar o #11F: Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.

Foron recibidos pola dirección do centro, Armando Yáñez e Fran González; e da man das investigadoras do Grupo Integrado de Ingeniería, convertéronse en enxeñeiras e enxeñeiros navais por un día. Foron quen de construír un pequeno barquiño con materiais recliclados e de poñelo a navegar no Canal de Ensaios Hidrodinámicos.

No Laboratorio de Fluídos, aprenderon que é un túnel de vento e, ademais de despeinarse un pouco pola forza do aire, puideron descubrir que prototipos se poden ensaiar nel.

Xa para rematar, no Laboratorio de Plásticos, comprobaron que é posible facer plástico sostible con biopolímeros e residuos da industria, como a lignina, e desenvolver así novos materiais, máis respetuosos co medio ambiente.

Agardamos que gozaran dunha xornada diferente de aprendizaxe que, de seguro, algunha que outra vocación científico-tecnolóxica axudará a espertar. 

https://fb.watch/sx0zw4cUEF/

 

Reciclaxogos

Lucas Pérez no cole

Dentro do noso proxecto Vila Olímpica Mosteirón e o fomento do deporte, conseguimos que Lucas Pérez (antigo alumno do centro), xogador do deportivo da Coruña visitase o noso colexio.  Logo do encontro inicial, subiron representantes das clases á biblio para facerlle unha entrevista para a radio.

Moitas gracias por vir, foi unha experiencia única, na que nos amosou o gran corazón que ten.

Bailamos xunt@s polas nosas letras.

Axudas NEAE

O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes vén de publicar no seu portal web as becas e axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo (neae) para o curso 2024 2025. Acceso á Resolución.

Poderán solicitar as axudas o alumnado que presente necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade, trastornos graves de conduta ou trastorno grave da comunicación e da linguaxe , incluído alumnado TDAH e TEA. Tamén poderán solicitar as axudas o alumnado  con necesidade específica de apoio educativo asociado a Altas Capacidades.

Os/As solicitantes deben cubrir o formulario por internet no seguinte ligazón. Unha vez cuberta, se non se conta co sistema de firma aceptado pola sede electrónica,  poderán  imprimir, asinar e entregalo no centro educativo no que o alumno/a estea matriculado no curso 24-25 xunto coa documentación complementaria requerida (certificado da  conta bancaria do alumno/a, diagnóstico médico do SERGAS, certificado de discapacidade, título de familia numerosa, de selo caso…).

Toda a información e as explicacións para realizar a solicitude dispoñibles aquí:

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/como-solicitarla.html

Prazo de presentación de solicitudes: desde o 30 de abril ata o 13 de setembro de 2024.

Dígocho-EU

Unha nova forma de aprender palabras novas en galegos é a través do Dígocho- Eu. Preséntase unha palabra ao alumnado para intentar investigar o que é, e logo, trabállase sobre ela! Mirade que ideas temos de cousiñas relacionadas coas olimpíadas. 

Gracias familias por toda a participación.

Anótate na festa de fin de curso

No seguinte enlace tedes toda a información e tamén onde inscribirse.

Amimádevos.

Info e inscrición

As nosas plantacións

Día da Ed. Física Na rúa

O día 17 de abril celebramos o Día da Educación Física na Rúa 2024, este ano co lema "Educación Física e saúde mental", con distintas actividades lúdico-recreativas que tiveron lugar no Paseo Marítimo de Sada. Na xornada participou alumnado de todos os centros educativos da nosa localidade:  CEIP O Mosteirón, CEIP Pedro Barrié de la Maza, I.E.S Isaac Díaz Pardo, I.E.S O Mosteirón e CEIP Sada y sus Contornos. 

A actividade contou coa colaboración do Concello de Sada na súa organización e a participación de distintos clubs deportivos: Club Taekwondo Sada, Club Atletismo Sada, Club Salvamento Sada,  Sadanza e Karts Manolo. Grazas a todos eles.

Fotos da actividade

Clica na imaxe para ver o vídeo da xornada 

Distribuir contido


by Dr. Radut