Skip to Content

Blogue de admin

Fotos curso 2018/2019

Para poder descargar as fotos de cada clase, ide a arquivos adxuntos e aí están xa nomeadas por cursos.

Resolución da comisión de Escolarización

Reunida a comisión de Escolarización de Sada, resolveu a adxudicación dos postos que se amosan no documento adxunto.

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar

 Hoxe saíu publicada a ORDE do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2019/20 (código de procedemento ED330B). O prazo de presentación da documentación tanto para a axuda de material como de fondo do libros comeza mañá ,día 21 de maio, e abrangue ate o día 21 de xuño.

Deberedes presentar as solicitudes nos medios que indica a propia orde:

Este formulario (anexo I) tamén estará dispoñible:

a) No portal educativo, enderezo http://www.edu.xunta.gal

 b) Nas dependencias das xefaturas territoriais da consellería competente en materia de educación.

Período de matrícula

 A matrícula para o alumnado de novo ingreso farase entre o 20 e o 30 do mes de xuño. A partir do 15 de xuño pódese recoller a documentación no colexio.

Listaxes definitivos de alumnado admitido e non admitido para o curso 2019/2020

Estas listaxes, teñen un carácter definitivo e poderán ser obxecto de recurso de alzada ante o Xefe Territorial da Consellería  Educación, Universidade e Formación Profesional  da Coruña (Praza de Luis Seoane, s/n - 15071 A Coruña) no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.- (Art. 32.1 da Orde do 12 de marzo de 2013 - DOG Núm. 53 do 15/03/2013)

Listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido para o curso 2019/2020

Adxúntanse as listaxes provisionais.

Estas listaxes, teñen un carácter provisional e poderán ser obxecto de reclamación ante o Consello Escolar no prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación. (Art. 30.3 da Orde do 12 de marzo de 2013 - DOG Núm. 53 do 15/03/2013) 

 

Mandadiños do Meco

Cliqueade na imaxe e veredes todos os mandadiños do meco deste ano! Feliz Entroido!

Bo Nadal e Feliz ano novo!

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2018/19

Adxuntamos as listas de libros de texto e material escolar para o vindeiro curso 2018/19.

RESOLUCIÓN DA COMISIÓN DE ESCOLARIZACIÓN

Adxuntamos documento da resolución da comisión de escolarización para o curso 2018/19.

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR.

Adxuntamos a Orde do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2018/19.

Como documento adxunto tamén aparece o formulario de solicitude do fondo solidario, axudas de libro de texto e materal escolar.

POSTOS ESCOLARES VACANTES PARA O VINDEIRO CURSO ACADÉMICO

Os postos escolares que quedan vacantes para o curso 2018/19 son os que a continuación se expoñen:

Curso

LISTA DEFINITIVA DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2018/19

Adxuntamos as listaxes definitivas de admisión do alumnado para o vindeiro curso 2018/19. Lembrade que estas listaxes, teñen un carácter definitivo e poderán ser obxecto de recurso de alzada ante o Xefe Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Coruña (Praza de Luis Seoane, s/n - 15071 A Coruña) no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.- (Art. 32.1 da Orde do 12 de marzo de 2013 - DOG Núm. 53 do 15/03/2

OFERTA DE POSTOS ESCOLARES PARA O CURSO 2018/19

Oferta de postos escolares do CEIP Plurilingüe “O Mosteirón” para o curso 2018/19:
 
 
Educación Infantil:
 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS E PRAZO DE RESERVA PARA O CURSO 2018/19

O luns, 26 de febreiro, no CEIP Plurilingüe "O Mosteirón" celebrarase unha "xornada de portas abertas" para todas aquelas familias que desexen visitar o noso centro. A finalidade desta xornada é aportar toda a información posible sobre as instalacións, horarios, servizos complementarios, equipo docente... e todos aqueles aspectos que sexan do voso interese á hora de facer a reserva de praza.

Como docentes, sabemos que esta xornada é especialmente importante para as familias que van matricular aos seus fillos en 4º de Educación infantil, que, ademáis, tamén precisan información sobre  a documentación que teñen que entregar nos prazos de matrícula. Por iso, nesta entrada, deixamos uns documentos adxuntos que vos poden servir de axuda.

NOMEAMENTO DE TITORES PROGRAMA TEI

O 30 de Xaneiro, no CEIP Plurilingüe "O Mosteirón", ademáis de conmemorar o Día da Paz, tamén tivemos unha sesión especial do programa TEI; o nomeamento de titores. Para a súa celebración, ademáis de contar coa colaboración de todos os membros do equipo TEI tamén contamos coa presenza da inspectora, Isabel García Vila, o alcalde do concello de Sada, Benito Portela e a concelleira, Raquel Bolaño que foron as persoas encargadas de facerlle entrega aos titores tanto dos carnés como dos diplomas acreditativos.

Por aquí vos deixamos un video da sesión...

 

SILVIA CASTELO BOUZA de Slidely by Slidely Slideshow

Coa colaboración do Concello de Sada

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2017/18

CIRCULAR DE INICIO DE CURSO

CIRCULAR CON INFORMACIÓN SOBRE HORARIO E ITINERARIOS DE TRANSPORTE ESCOLAR

 

Dirixímonos a vostedes para informarlles sobre o horario e itinerarios do transporte escolar de Infantil e Primaria a partir do día 11 de Setembro.

REUNIÓN DE COMEZO DE CURSO 2017/18 EDUCACIÓN INFANTIL

ESTIMADAS FAMILIAS:

O PRÓXIMO DÍA XOVES, 7 DE SETEMBRO FARASE UNHA REUNIÓN DIRIXIDA A PAIS E NAIS DOS ALUMNOS DE EDUCACIÓN INFANTIL (3, 4 E 5 ANOS) NAS SÚAS RESPECTIVAS AULAS QUE DARÁ COMEZO ÁS 17:30 H.

ROGAMOS QUE ACUDAN SEN A PRESENZA DOS NEN@S E QUE ESE MESMO DÍA SE APORTE O MATERIAL SOLICITADO.

 

Isla Fantasía

Colgamos o video que O CEIP Sada y sus Contornos nos pasou do evento que tivo lugar no Albergue de Gandarío o  pasado venres! Para a celebración do antedito evento, contamos coa colaboración do concello de Sada.

 

E o enlace ás fotos do envento (Ir)

Distribuir contido