Seguindo a Resolución do do 22 de maio de 2020 (Ver), nesta fase 2, as familias poden vir recoller o material dos seus/suas fillas. Así pois, establecemos uns horarios para a recollida e á vez, entrega de libros da biblioteca e fondo de libros.
Aconséllase vir unha soa persoa por alumno/a e, o uso da mascarilla é obrigatorio.
O día e a hora que se marca para cada un dos cursos débese entregar os libros do fondo (de 3º a 6º EP a poder ser)e os libros de préstamo da biblioteca (incluídas mochilas viaxeiras).
Os libros do fondo deben de vir en bo estado.
Os 3 primeiros días haberá un horario especial para o alumnado que teña irmáns nos cursos que se indican. Así pois, as familias virán cando lle toque vir polo material do alumnado de menor idade, por exemplo unha familia que ten un fillo en 4º ed infantil (3 anos) e outro en 3º de educación primaria virá o luns 1 de xuño respectando o calendario que se marca a continuación.
Se non pode vir o pai ou a nai que traia unha autorización a persoa que veña.
A entrega realizase no patio andaluz, gardando sempre a distancia de seguridade.
Cada día estarán dispoñibles os materiais dos cursos mencionados.
Se hai algún inconviente escribe un correo.
Podedes aproveitar ese día para entregar a solicitude de fondo de libros, se o tedes pensado facer de xeito presencial.
A solicitude comedor e transporte escolar aínda non está aberta para o vindeiro curso, cando estea avisamos e engadiremos a este tramite a renovación de autorizacións de imaxe, recollida de alumnado e actualización de datos persoais.
Luns 1 xuño
|
Martes 2 xuño
|
Mércores 3 xuño
|
Xoves 4 xuño
|
10:00: 4º Ed. Infantil- 3 anos
11:00: 5º Ed. Infantil- 4 anos
12:00: 6º Ed. Infantil: 5 anos
13:00: Familias de 3,4 e 5 anos que teñan irmáns no colexio.
|
10:00: 1º Ed. Primaria
10:30: 2º Ed. Primaria
11:00: Familias de alumnado de 1º e 2º Ep que teñan irmáns en 3º,4º,5º ou 6º EP.
|
10:00: 3º Ed. Primaria
11:00: 4º Ed. Primaria
12:00: Familias de alumnado de 3º e 4º EP que teñan irmáns en 5º ou 6º.
|
10:00: 5º Ed. Primaria
11:00: 6º Ed. Primaria
|