Novas

APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CENTRO COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS DO COMEDOR NO CURSO 2018/2019

 

Anuncio de apertura do prazo de admisión de membros da comunidade educativa do centro CEIP Mosteiro de Caaveiro, como colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2018/2019

 

As nais, os pais, os/as titores/as legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino que desexen, ao longo do curso 2018/2019, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión que, habilitadas para este fin, se atopan na Secretaría.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 20 de setembro de 2018,podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 21 de decembro de 2018.

Durante o curso escolar 2018/2019 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.

 

 

INICIO DO CURSO ESCOLAR 2018/2019

 

O próximo mércores 12 de setembro comezarán as clases no CEIP Mosteiro de Caaveiro.

Lembramos que o horario escolar é o seguinte:

- 9.30h a 14.30h xornada lectiva

- 14.30h a 15.30h comedor escolar

- 15.30h saída do transporte 

 

* Os martes o comedor escolar prolongarase ata as 16.15h, con servizo de transporte a continuación.

 

 Lembrade que o alumnado de 4º de Infantil (3 anos), conforme á lei, iniciará o período de adaptación seguindo as indicacións feitas pola titora na reunión coas familias.

Recomendamos que o alumnado traía unha pequena merenda saudable para tomar no recreo.

 

* NOTA: A empresa concesionaria de transporte comunica que as rutas e horarios dos autobuses non sufriron ningún tipo de modificación.

 

 

 

Distribuir contido