ERASMUS+
A semana pasada, no marco de acreditación KA121-SCH que coordina o CFR de Ferrol, o profe Fer participou nun fluxo de mobilidade a Mersin-Turquía xunto con outros/as mestres/as da zona de Ferrolterra. Alí tiveron a oportunidade de aprender a desenvolver actividades relacionadas coa programación por bloques, o deseño e a impresión 3D, o pensamento computacional e a robótica educativa de aplicación en Polos Creativos. Ademais, visitaron o Bahcesehir Koleji, no que lles presentaron o programa STEM+A, baseado na resolución de retos.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
mobilidade_turquia.jpg | 219.76 KB |