SUSPENSIÓN TRANSPORTE ESCOLAR POLO TEMPORAL DE NEVE

Estimadas familias:

A dirección do centro comunícalles  que mañá mércores 22 marzo,  debido a un probable temporal de neve, non se suspenden as clases pero sí o transporte escolar, a partir das 12.00h. Polo tanto, o alumnado que asista ao centro deberá ser recollido, na tarde, polas respectivas familias. O xoves tampouco haberá transporte, no percorrido da mañá.

 Adxuntamos a comunicación da xefatura territorial co aviso para mércores 22 e xoves 23.

 

A SUSPENSIÓN do TRANSPORTE ESCOLAR por alerta LARANXA, entre as 12:00 horas do día 22 e as 12:00 horas do día 23 de marzo, por acumulación de neve de ata 5 cm de espesor, que afectará as zonas de predición meteorolóxica do Interior da Coruña, do Centro e Sur de Lugo, do Noroeste de Ourense e do Interior de Pontevedra; e entre as 8:00 horas do día 22 e as 12:00 horas do día 23 de marzo, na zona de predición meteorolóxica do Sur de Ourense.

 

Estean atentos a outros posibles avisos na web.