O NOSO CENTRO PARTICIPOU NO I CONGRESO DE CENTROS EDUCATIVOS "ESCOLAS EN ACCIÓN" de REDE NATURA 2000

O pasado venres 5 de xuño, os rapaces e rapazas de 5º e 6º do noso centro participaron no I Congreso de Centros Educativos "Escolas en Acción", celebrado na Cidade da Cultura, en Santiago e organizado por CEIDA,  cun proxecto titulado "As fragas do Eume, patrimonio natural e cultural". Asimesmo, levaron a cabo unha exhibición dos xogos tradicionais que estamos a traballar na escola e dos que nos sentimos tan orgullosos. Todo un éxito. Deixámosvos unhas fotos para que vexades como foi o congreso. En breve o documental das Fragas.