Skip to Content

 

OBRADOIRO COA FAMILIA DE DAVID

Hoxe o alumando de 6º de Educación Infantil B puidemos desfrutar da visita da familia de David para levar a cabo un obradoiro do máis variado: preparamos unha merenda saudable (galletas de plátano e avena) e zume de laranxa (con laranxas da "casa da avoa") e practicamos ser camareiros e camareiras. Non vos podedes imaxinar a de destrezas que levamos a práctica: motricidade de dedos e mans, forza, equilibrio, fomentar o gusto por probar diferentes alimentos, a paciencia, secuencia de pasos a seguir, habilidades sociais de agarda á hora de merendar... no día a día temos moitísimas ocasións de reforzar as aprendizaxes básica que sustentarán os futuros aprendizaxes do alumnado. Aproveitémolas!

GRACIAS POLA VOSA COLABORACIÓN!



        

 

 

 

 

 

 

page | by Dr. Radut