Skip to Content

 

O CONTO DOS MIL CABRITIÑOS!!!

Ola familias! As clases de 2º e 1º de EP visitamos as instalacións da Cooperativa A Meixoeira, en Moaña.

Ao chegar, o compañeiro Carlos ensinounos como o leite chega ás cubas para posteriormente ser transformado en queixo e iogur. Ao alumnado resultoulle un pouco molesto o cheiro do leite, pero despois ben que lles gustou papalo!

Despois, o alumnado puido ver como a compañeira Sabela realizaba o ordeño das cabriñas, e deixou que os nenos e nenas se achegaran a elas e as acariciaran. Moi interesante!

Pero se pensabades que o ordeño era o prato forte da nosa saída... estabades equivocados! Unha vez que rematou o ordeño, o alumnado puido visitar ás cabriñas máis pequenas! Case bebés!

O compañeiro Sergio acompañounos na visita aos membros máis novos da cooperativa e ensinoulle ao alumnado como relacionarse con cabras tan cativiñas: hai que agacharse e intentar non facer movementos bruscos nen berrar. O alumnado portouse xenial e fixéronlle moito caso! 

Cando rematamos de achuchar e bicar ás cabras bebé, o alumnado de 2ºEP deixou paso ao de 1ºEP e fomos merendar a un parque pequeño, pero súper divertido!

Finalmente, os dous cursos puidemos estar un ratiño no parque de Meira, en Moaña, gozando do sol, da sombra e tamén descansar, que coidar de tantas cabriñas cansa moito! Jejejeje

Xa na aula, repartimos os iogures que nos deran na cooperativa. Seica a algúns lles soubo un pouco forte e tiveron que facelo máis doce con azucre ou mel... e outros deixaron directamente que comeran o iogur as súas familias…

O que é innegable é que nos fixo moita ilusión ter un iogur do leite desas cabriñas tan preciosas, coas que estiveramos ese mesmo día. Agardamos que vos guste o vídeo, familias!

Premede na imaxe e desfrutádeo! Unha aperta!



        

 

 

 

 

 

 

page | by Dr. Radut