Skip to Content

 

LECTURAS AO SOL

O alumnado de 2º aproveitamos que aínda temos sol e saímos a facer o nosa hora de ler ao patio. 

Aquí podedes ver o concentrados que estabamos e o ben que se estaba fóra ao soliño!

Lecturas ao sol de 2º

DESPEDÍMONOS DE 2º CUNHA GRAN MERENDOLA!!!

Ola familias!!! Pois para rematar o curso con bo sabor de boca, as familias da ANPA trouxéronnos unha merenda riquísima, que disfrutamos moito na nosa clase cos nosos compañeiros e compañeiras.

A verdade é que nos puxemos as botas e comemos moito, pero despois do atracón, bailamos moitísimo e así pasounos o empacho! Jejeje

Foi a maneira de despedirnos de 2º de Primaria e da nosa profe, así que desfrutade deste vídeo, no que nos divertimos moitísimo! 

Vémonos polos patios o vindeiro curso! Grazas por todo e tamén por ver os nosos vídeos! :)

Agardamos que vos gustasen tanto coma a nós! Premede na imaxe e non vos perdades a nosa súper merendola!

Unha aperta xigante! :)

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

XOGAMOS DUNHA MANEIRA DIFERENTE E MOI DIVERTIDA!!!

Ola familias! Na última semana de curso, os nenos e nenas de 2º de Primaria, desfrutamos dunha estupenda xornada de xogos tradicionais e populares, que celebramos no pavillón do cole!

A verdade é que nos encantou desconectar de tanta tele, tablets e videoxogos e, así tamén, evitamos quedar "choscos"! Jejeje

Todos os xogos eran de madeira e non vexades que bonitos eran!

Nós queriamos probar todos,,,Xogabamos a un xogo e cando rematabamos, íamos correndo a outro!

Pareciamos "toliños" correndo sen sentido, pero tiña unha explicación... Non queriamos perder a oportunidade de xogar a tódolos xogos!

Premede na imaxe e comprobádeo vós mesmos! Mirade, mirade...

Agardamos que vos guste moito! Unha aperta!

 

O CONTO DOS MIL CABRITIÑOS!!!

Ola familias! As clases de 2º e 1º de EP visitamos as instalacións da Cooperativa A Meixoeira, en Moaña.

Ao chegar, o compañeiro Carlos ensinounos como o leite chega ás cubas para posteriormente ser transformado en queixo e iogur. Ao alumnado resultoulle un pouco molesto o cheiro do leite, pero despois ben que lles gustou papalo!

Despois, o alumnado puido ver como a compañeira Sabela realizaba o ordeño das cabriñas, e deixou que os nenos e nenas se achegaran a elas e as acariciaran. Moi interesante!

Pero se pensabades que o ordeño era o prato forte da nosa saída... estabades equivocados! Unha vez que rematou o ordeño, o alumnado puido visitar ás cabriñas máis pequenas! Case bebés!

O compañeiro Sergio acompañounos na visita aos membros máis novos da cooperativa e ensinoulle ao alumnado como relacionarse con cabras tan cativiñas: hai que agacharse e intentar non facer movementos bruscos nen berrar. O alumnado portouse xenial e fixéronlle moito caso! 

Cando rematamos de achuchar e bicar ás cabras bebé, o alumnado de 2ºEP deixou paso ao de 1ºEP e fomos merendar a un parque pequeño, pero súper divertido!

Finalmente, os dous cursos puidemos estar un ratiño no parque de Meira, en Moaña, gozando do sol, da sombra e tamén descansar, que coidar de tantas cabriñas cansa moito! Jejejeje

Xa na aula, repartimos os iogures que nos deran na cooperativa. Seica a algúns lles soubo un pouco forte e tiveron que facelo máis doce con azucre ou mel... e outros deixaron directamente que comeran o iogur as súas familias…

O que é innegable é que nos fixo moita ilusión ter un iogur do leite desas cabriñas tan preciosas, coas que estiveramos ese mesmo día. Agardamos que vos guste o vídeo, familias!

Premede na imaxe e desfrutádeo! Unha aperta!

PLANTAMOS AS NOSAS PROPIAS ÁRBORES NO PARQUE!!!

 

 Ola familias!!! O pasado, 21 de marzo, os nenos e nenas de 2º de Primaria, xunto cos seus compañeiros e compañeiras de 1º de primaria, celebramos o Día Internacional dos Bosques, no gran parque que hai ao lado do cole.

Primeiro déronnos unha charla sobre os animais autóctonos de Galicia, así como tamén das árbores. Fixemos moitos xogos divertidos, para a continuación plantar, por grupos, pequeas arboriñas que un día serán xigantes coma nós, jejejejeje!!!!

A verdade é que foi unha actividade moi interesante e da que aprendemos moitas cousas que non sabíamos e que, dende logo, nos deixaron abraiad@s!!!

Fixemos un pequeno vídeo para que opinedes vós mesm@s!!!

Premede na imaxe para velo e agardamos que vós guste moito!!!

Unha aperta ben grande!!!

 

 

 

AS MASCOTAS MERECEN TODO O NOSO AMOR!!!

Ola familias!!! O pasado mes de marzo os nenos e nenas de 2º de Primaria, recibimos, na nosa clase, a visita de Silvia, unha das veterinarias da protectora CAAN (Vigo).

Explicounos a responsabilidade que implica ter unha mascota, os coidados que precisan en canto a alimentación, visitas ao veterinario (fixo fincapé na importancia de poñerlle un microchip, desparasitala, terlle as vacinas ao día e todo o que sexa necesario)

Tamén outra cousa moi importante é xogar con elas, sacalas a pasear e darlles moito amor, xa que pasan a ser un membro máis da nosa familia!!!

A verdade é que aprendemos moito e puidemos ver como era un microchip, un lector de microchip, o pasaporte dunha mascota… e moitas cousas máis!!!

Unha actividade xenial e que nos encantaría repetir para seguir aprendendo máis cousas!!!

Premede na imaxe para ver o vídeo!!! Agardamos que vos guste e o desfrutedes tanto coma nós!!!

Unha aperta!!!

 

DIVERTÍMONOS APRENDENDO O SUXEITO E O PREDICADO!!!

Ola familias!!! Hoxe mostrámosvos, neste vídeo, como distinguimos as partes dunha oración, o suxeito e o predicado, e desfrutámolo moito!!!

Hai moitas maneiras de aprender cousas novas, pero a nós o que máis nos gusta é divertirnos coa actividade, ao mesmo tempo que aprendemos!!!

Coloreamos, recortamos e despois pegamos, na libreta, o noso traballo!!! Quedounos moi bonito!!!

Agardamos que vos guste o vídeo e que o desfrutedes tanto coma nós facendo esta actividade!!! :)

Que pensades do noso traballiño??? Premede na imaxe e opinade vós mesm@s!!!

Unha aperta enorme!!!

PANADEIROS E PANADEIRAS POR UN DÍA!!!

Ola familias!!! O pasado 15 de decembro os nenos e nenas de 2º de Primaria, xunto cos nosos compis de 1ºEP, fixemos unha saída a Vigo para visitar as instalacións de APROINPPA (Asociación Provincial de Panadeiros e Pasteleiros). 

As compañeiras de Aproinppa xa nos estaban agardando, e tod@s agradecemos o calorciño dos fornos nun día tan frío!!!! Comezaron preguntándonos sobre o que sabíamos, relacionado coa elaboración do pan para, a continuación, pedirnos a nosa colaboración, para elaborar un bo anaco de masa!!! Estábamos abraiad@s!!!

Cando a mestura estivo feita (grazas á amasadora) chegou o momento de poñernos mans á masa!!!

Cada neno e cada nena puidemos moldear coas nosas mans o noso boliño de pan, e non defraudamos!!! Houbo boliños con forma de flores, peixes, estrelas... deixamos voar a nosa imaxinación!!!

Unha vez amasado e moldeado o pan, metémolo nos fornos e agardamos a que estivera listo!!!

Unha vez rematamos na panadería, aproveitamos para dar unha voltiña polas rúas dos arredores, o cal nos brindou a oportunidade de realizar fotografías con Papá Noel e cun oso xigante, súper bonito!!!

Foi unha mañá moi instructiva, divertida e fantástica, na que aprendemos moito e marchamos moi content@s grazas, tamén, ao cheiro do pan recén feito!!!

Agardamos que vos guste moito!!!

Premede na imaxe e desfrutade moito co vídeo!!!

Unha gran aperta!!!

 

CASTAÑAS E CHOCOLATE!!!

Ola familias!!! O pasado mes de novembro celebramos un gran Magosto no cole!!!

Un gran día para compartir xunto cos nosos compañeiros e compañeiras e celebralo como se merece!!! Castañas e chocolate, que ricooo!!!

No noso Magosto comemos moitas castañas, bailamos e tomamos moito chocolate quentiño... Desfrutamos moito desta festa... Unha festa que nos encanta!!!

Premede na imaxe e opinade vós mesm@s!!! Agardamos que vos guste!!!

Unha aperta ben grande!!!

 

 

BOTAMOS UNHA PARTIDA DE XADREZ???

Ola familias! Un ano máis, os nenos e nenas, que xa estamos en 2º de Primaria, participamos nas últimas semanas nun obradoiro de xadrez, impartido por Brais, un dos mestres do clube de xadrez de Mos!!!

Explicounos que o xadrez é un xogo moi beneficioso, xa que nos axuda a formar un pensamento máis claro, solucionar con máis rapidez os nosos problemas (ter un pensamento máis áxil e tomar decisións rápidas), manter un nivel de concentración alto, así como tamén reforzar a memoria visual. Interesante, verdade???

Parécenos sorprendente que nos axude a tantas cousas, pero o certo é que así é! Encantounos e implicámonos un montón!!!

A verdade é que aprendemos moitísimo e, sobre todo, divertímonos o que tamén é moi importante!

Xa estamos preparad@s para un gran torneo!!! Apuntádesvos???

Premede na imaxe e comprobádeo vós mesm@s!!! Agardamos que vos guste!!!

Unha aperta!!!

 

 

 

Distribuir contido


        

 

 

 

 

 

 

by Dr. Radut