Skip to Content

 

6º Educación Infantil

VISÍTANOS UN PALEONTÓLOGO DE VERDADE!

 

Para poñerlle o broche final ao noso derradeiro proxecto en infantil visitounos un paleontólogo de verdade. Comezou contándonos un pouco do seu traballo e como diferenciar os que son ou non son dinosauros. Despois da charla ensinounos diferentes fósiles e outros materiais relacionados cos dinosauros. Preme na imaxe para ver que ben o pasamos.

VOLCÁNS NO NOSO PATIO

O alumnado de 6º de Educación Infantil levamos a cabo o derredeiro obradoiro do curso. ESta ver tocounos experimentar como foi a fin dinosaurio e enchemos o noso patio de volcáns e fixémolos erupcionar. Que ben o pasamos!

VISITA Á FUNDACIÓN SALES

O pasado martes os nenos e nenas de infantil visitamos a Fundación Sales de Vigo. Alí plantamos unha leituga, percorremos os xardíns da fundación e ata vimos o nenúfar xigante.

Para ver como o pasamos premede na imaxe.

OBRADOIRO DE ESTIMULACIÓN SENSORIAL

O 5 de xuño tivemos o derradeiro obradoiro do curso coas familias de 6º de EI B. Os sentidos son a nosa vía de aprendizaxe, pero non todos os empregamos na mesma medida. Os máis empregados adoitan ser a vista e o oído, pero a nai de Claudia, sabedora de todo isto, preparounos un obradoiro no que o protagonismo tivérono o tacto e o olfato. Pero ademáis, de xeito espontáneo xurdiu por parte do alumando empregar tamén o gusto. Eles e elas si que saben!

Moitísimas gracias Carla!

OBRADIORO DE FROITAS

O alumando de 6º de Educación Infantil A e B xuntámonos para levar a cabo un obradoiro de froitas, pero antes de comelas aproveitamos para debuxar un pouco con elas. Dividímonos en tres equipos: un equipo practicaba debuxando dinosauros sobre papel ccontinuo, outro xogaba con quebracabezas e sombras de dinos e o terceiro, tomando decisións en equipo, construía o seu propio dinosaurio empregando diferentes froitas.

Os tres dinosaurios escollidos foron o diplodocus, o triceratos e o tiranosauro rex. Pero sen dúbida, para eles e elas o mellor foi rematar coméndose os seus dinosauros. Adquisicion de bos hábitos alimenticios, traballo en equipo, coordinación, exposición de ideas de xeito respectuoso e xustificado, creatividade, practicar o xeometrismo aditivo, traballar o equema corporal, as formas... unha actividade do máis completa e saborosa! Premede na imaxe para ver o ben que o pasaron e as obras de arte que fixeron.

OBRADOIRO COA NAI DE ENEKO,EVA.

A nai de Eneko, Eva, viu a aula a facer un obradoiro de ovos de dinosaurios feitos con globos e xeso, que ben o pasamos e que bonitos quedaron. Preme na imaxe para ver o video.

MURAL DE DINOSAURIOS

Os nenos e nenas de 6º de infantil fixemos un mural dun esqueleto de dinosaurio con material de reciclaxe. Primeiro observamos e manipulamos o material (tubos de papel de diferentes tamaños). Por equipos experimentamos e buscamos todas as posibilidades de contrución. E o final a montaxe entre tod@s. Preme  na imaxe para ver o video.

 

O PAI DE ANXO ENSINA O SEU DEPORTE,CICLISMO.

Marcelino, pai de Anxo,viu ó colexio a ensinarnos o seu deporte,ciclismo. E o que é o duatlón e triatlón. A importancia das protección, casco, e da vida sa e facer deporte. Preme na imaxe pra ver o video.

ESTAMPAMOS PEGADAS DE DINOSAURIOS NO PATIO

Os nenos e nenas de 6º de infantil estampamos pegadas de dinosaurios no patio con moldes, primeiro con auga e con tizas decoramos o patio con distintos modelos, axudámonos por parellas e máis tarde sen molde debuxamos diferentes modelos e tamaños, grandes , medianas, pequenas e algunha xigante. Que bonito quedou o chan e cando sairon o patio, que susto, chegaron os DINOS. Preme na imaxe para ver o video.


SOMOS PALEONTÓLOGOS

Os nenos e nenas de 6º A de infantil xogamos a ser paleontólogos, despois de deixar secar a pasta, con pico, martelo e pincel, sacamos os fósiles escondidos e os dinos pequenos. Canto traballo e que coidadosos fomos. Preme na imaxe para ver o video.

Distribuir contido


        

 

 

 

 

 

 

by Dr. Radut