Skip to Content

 

OBRADIORO DE FROITAS

O alumando de 6º de Educación Infantil A e B xuntámonos para levar a cabo un obradoiro de froitas, pero antes de comelas aproveitamos para debuxar un pouco con elas. Dividímonos en tres equipos: un equipo practicaba debuxando dinosauros sobre papel ccontinuo, outro xogaba con quebracabezas e sombras de dinos e o terceiro, tomando decisións en equipo, construía o seu propio dinosaurio empregando diferentes froitas.

Os tres dinosaurios escollidos foron o diplodocus, o triceratos e o tiranosauro rex. Pero sen dúbida, para eles e elas o mellor foi rematar coméndose os seus dinosauros. Adquisicion de bos hábitos alimenticios, traballo en equipo, coordinación, exposición de ideas de xeito respectuoso e xustificado, creatividade, practicar o xeometrismo aditivo, traballar o equema corporal, as formas... unha actividade do máis completa e saborosa! Premede na imaxe para ver o ben que o pasaron e as obras de arte que fixeron.



        

 

 

 

 

 

 

page | by Dr. Radut