Skip to Content

NOTA ACLARATORIA

Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, por el que se declara el estado de alarma para la gestión de la situación de la situación de crisis sanitaria ocasionada por el COVID-19:

 

(...) 1. Se suspende la actividad educativa presencial en todos los centros y etapas, ciclos, grados, cursos y niveles de enseñanza contemplados en el artículo 3 de la Ley Órgánica 2/2006, de 3 de mayo, de educación, incluída la enseñanza universitaria, así como cualesquiera otras actividades educativas o de formación impartidas en otros centros públicos o privados. (...)

 

 

(...) 1. Se suspenden todos los procesos administrativos. El cómputo de los plazos se reanudará en el momento en que pierda vigencia el presente real decreto o, en su caso, las prórrogas del mismo. (…)

 

POLO QUE:

 

O PRAZO DE ADMISIÓN QUEDA SUSPENDIDO, E SERÁ REANUDADO CANDO PERDA VIXENCIA O ESTADO DE ALARMA.

 

QUEDAMOS A VOSA DISPOSICIÓN NO TELÉFONO DO CENTRO E NO SEU MAIL:

 

881866470

 

ceip.mestre.rodriguez.xixirei@edu.xunta.es

Novas 15 marzo Covid 19

Comunicación aclaratoria das instrucións en materia de presenza de persoal nos centros de ensino non universitario

Diante das modificacións derivadas da declaración do estado de alarma, acláranse as últimas instrucións:

1. Nos centros educativos de todos os niveis de ensino non universitario de mais de seis unidades solo permanecerá en réxime de quendas unha persoa do equipo directivo do centro de 10 a 13 horas.

2. Nos centros de educación especial con residencia tan só se esixirá a presenza dun membro do equipo directivo, en réxime de quendas no mesmo horario, debendo os usuarios permanecer nos domicilios.

ÚLTIMA HORA: NOVAS INSTRUCCIÓNS EN RELACIÓN CO COVID-19

Novas instrucións en relación co COVID-19

 
 
Ven, 13/03/2020 - 13:56

Instrucións do 13 de marzo de 2020, provisionais dirixidas ás direccións dos centros educativos de ensino non universitario sobre a concreción das medidas a adoptar  en relación coa pandemia covid-19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o 16 de marzo de 2020

 

1. PROCESO DE ADMISIÓN

Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes.

 

2. PRESENZA DO PERSOAL DOCENTE E NON DOCENTE NO CENTRO

2.1. Establécese as seguintes previsións en relación coa presenza do persoal que se indican a continuación:

a) Educación infantil e primaria

-Centros de menos de 6 unidades

A titorización e a atención do alumnado realizarase cos medios non presenciais, telemáticos,  telefónicos ou doutra índole dos que dispoñan os centros e as familias (por exemplo, webs dinámicas, aulas virtuais, Edixgal, etc)

-Restantes centros

Para a titorización e atención ao alumnado polos medios non presenciais, telemáticos, telefónicos ou doutra índole dos que dispoñan os centros e as familias (por exemplo, webs dinámicas, aulas virtuais, Edixgal, etc) establécese a presenza do persoal docente que determine o equipo directivo, sempre que non presente sintomatoloxía. Non se terá en consideración o persoal de reforzo educativo, auxiliares de conversa..., etc. que non teñen a obriga de asistir ao centro.

b) Resto de ensinanzas

Para a titorización e atención ao alumnado polos medios non presenciais, telemáticos, telefónicos ou doutra índole dos que dispoñan os centros e as familias (por exemplo, webs dinámicas, aulas virtuais, Edixgal, etc) establécese a presenza do persoal docente que determine o equipo directivo, sempre que non presente sintomatoloxía.

Non se terá en consideración o persoal de reforzo educativo, auxiliares de conversa..., etc. que non teñen a obriga de asistir ao centro.

c) Educación especial con servizo de residencia

Deberá existir o persoal suficiente docente, coidador e de cociña para garantir os coidados básicos do alumnado asistente.

d) Agás nos centros de educación especial con residencia, para o persoal de cociña, limpeza e persoal coidador aplicaranse as previsións do convenio colectivo para os períodos de inactividade.

e) O restante persoal de apoio e reforzo educativo non asistirá ao centro educativo

2.2. Criterios para a priorización da presenza do persoal nos centros.

De conformidade coas previsións do Acordo do Consello da Xunta de Galicia teñen preferencia para a obtención de permisos de conciliación o profesorado que teña ao seu coidado menores de 18 anos, maiores discapacitados e persoas maiores dependentes.

Para os casos nos que ambos os proxenitores teñan a condición de empregados públicos, a medida aplicarase a un deles (coa excepción de que un deles teña a condición de persoal sanitario).

2.3 No relativo ás ferramentas informáticas dispoñibles, e sen menoscabo das propias, remitirase aos centros educativos unha comunicación na que se indicarán as que están a disposición e o seu procedemento de uso.

 

3. INSTRUCIÓNS RESPECTO DA ATENCIÓN DO ALUMNADO

3.1 O centro disporá das medidas precisas para facilitar a continuidade do proceso de aprendizaxe do alumnado fóra do ámbito escolar.

3.2 Cada centro, dentro da súa autonomía pedagóxica e de xestión, establecerá un sistema de comunicación e información co alumnado e as familias a través das ferramentas ou plataformas coas que traballa habitualmente, así como calquera outro medio de comunicación que o centro estime adecuado para esta situación.

3.3 Os equipos docentes e o restante profesorado elaborarán propostas de actividades para que o alumnado continúe co seu proceso educativo nos seus domicilios.

3.4 Prestarase unha especial atención á titorización do alumnado de 2º de bacharelato.

 

4 OUTRAS MEDIDAS DE CARÁCTER XERAL

4.1 Suspéndese todo tipo de actividade extraescolar

4.2 Suspéndese o servizo de cafetería nos centros de ensino secundario

4.3 Utilizarase como medio de comunicación prioritario coas direccións dos centros educativos o portal da dirección e o correo electrónico.

4.4 As direccións dos centros educativos divulgarán entre o persoal do centro as presentes instrucións e comunicaranas a todas as familias que as soliciten.

 

5. VIXENCIA DESTAS INSTRUCIÓNS

As presentes instrucións teñen carácter provisional, polo que poden ser modificadas en atención á evolución da pandemia.

A comunicación de calquera modificación das presentes instrucións realizarase coa maior inmediatez a través do portal da dirección.

 
 

DOGA 12 marzo 2020 Protocolo de actuación para o persoal empregado público da Administración da Xunta de Galicia en relación co coronavirus COVID-19.

Achégase DOGA do 12 de marzo de 2020 polo que se aproba o Protocolo de actuación para o persoal empregado público da Administración da Xunta de Galicia en relación co coronavirus COVID-19.

ENLACE

Medidas a adoptar en todos os centros de ensino en relación o COVID-19

Medidas a adoptar en todos os centros de ensino en relación coa pandemia covid- 19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o día 16 de marzo de 2020

Xov, 12/03/2020 - 19:39

MEDIDAS A ADOPTAR EN TODOS OS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO

  • Suspensión de todo tipo de actividade lectiva regulada en todos os centros de ensino non universitario. Esta suspensión inclúe tamén os servizos educativos complementarios, nomeadamente, o comedor, transporte e servizo de madrugadores, con independencia de quen sexa o organizador dos devanditos servizos.
  • Suspéndense no ámbito educativo todas as viaxes de estudos, excursións, ou calquera tipo de desprazamento de grupos de alumnado ou de profesorado.
  • Suspéndense no ámbito educativo todo tipo de festivais, galas ou actividades que impliquen a reunión de alumnado.
  • O persoal docente e non docente terá a obriga de acudir ao centro educativo. Para os efectos de favorecer a conciliación do persoal con fillos e fillas menores de 18 anos ou maiores que presenten algunha discapacidade e persoas maiores dependentes, o equipo directivo poderá reorganizar o horario de permanencia no centro educativo de cada docente ou persoal de administración e servizos, cumprindo co cómputo total anual do mesmo e debendo reorganizar as tarefas para adecuar a prestación dos servizos básicos de información, atención e tutorización non presencial da súa comunidade educativa. Todo elo dentro do horario de apertura habitual do centro. Esta medida é de aplicación ao persoal que non presente sintomatoloxía.
  • Como medida extraordinaria para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral de aquel persoal con fillos e fillas menores de 18 anos ou maiores que presenten algunha discapacidade e persoas maiores dependentes, este poderá realizar a súa actividade laboral mediante o sistema de teletraballo nunha porcentaxe non superior ao 50% do seu horario total de permanencia no centro
  • O profesorado programará nas páxinas web dos centros ou por outros medios telemáticos, accesibles ao seu alumnado, actividades xenéricas relacionadas cos contidos curriculares para que o seu alumnado as poida realizar no seu domicilio, e fará o seu seguimento, pero non terán carácter de avaliables.
  • Para o alumnado de 2º de Bacharelato o profesorado adoptará todas  as medidas específicas necesarias (telemáticas) para garantir de forma non presencial a continuidade das actividades lectivas dos contidos curriculares.
  • Suspéndense as prácticas de Formación Profesional (módulo FCT) que se realicen en empresas, incluídas as asociadas a Erasmus +
  • Reprogramarase individualmente para cada alumno ou empresa a actividade formativa nos centros de traballo para as ensinanzas impartidas na modalidade de FPDual.
  • Nos centros de Educación Especial con servizo de residencia NON se suspende a permanencia do alumnado, agás no caso en que presente sintomatoloxía, en cuxo caso, as autoridades sanitarias adoptarán as medidas pertinentes que garantan o non contacto co resto dos usuarios.
  • Suspéndese a permanencia de usuarios nos centros residenciais docentes.
  • Suspéndense todas as actividades de formación do profesorado que teñan carácter presencial.

MEDIDAS PARA O ENSINO UNIVERSITARIO

  • Suspéndense as actividades académicas no ensino universitario.
  • Permanecerán abertas as residencias universitarias, con servizos comúns básicos.
  • As bibliotecas universitarias poderán admitir alumnado ata un terzo do seu aforo.
 
 

ÚLTIMA HORA: SUSPENSIÓN CAUTELAR DAS CLASES POLO COVID-19

Estimadas familias:

Por recomendacións da Consellería de Sanidade e tal e como anunciou o presidente da Xunta de Galicia, suspéndense cautelarmente as clases. Mañán venres é recomendable non asistir ás aulas pero a decisión é das familias. A partir do luns é obrigatorio o peche dos colexios polo que se suspenden as clases durante, en principio, 14 días.

Manterémosvos informados a través da páxina web e Abalar Móbil.

Graciñas pola vosa colaboración e disculpade as molestias.

Información sobre o virus COVID-19

Dende a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade nos fan chegar información relativa ao Coronavirus (COVID-19) que resulta de interese para os centros educativos.

Se ademais, por precaución o seu fillo/filla presenta algún dos síntomas, pregamos que o deixen na casa se poñan en contacto co seu centro de saúde, pediatra ou o 061.

Graciñas pola comprensión e a colaboración.

VIDEO DA CONSELLERIA DE SANIDADE

CONSULTE A INFOGRAFÍA NESTE ENLACE

RECOMENDACIÓNS DA CONSELLERÍA DE SANIDADE

 

Campionato provincial de centros educativos de campo a través

Este pasado venres, 6 de marzo, celebrouse en Carballo a carreira final provincial de campo a través, dentro das actividades deportivas de XOGADE (Xogos galegos deportivos en idade escolar), unha iniciativa promocionada e financiada pola Xunta de Galicia e organizada pola Secretaría Xeral para o Deporte coa colaboración da Federación Galega de Atletismo e, no caso da nosa comarca, organizada pola Agrupación Deportiva “La Parra”, de Santiago.

A carreira tivo lugar no Polígono Industrial de Bertoa, en Carballo, organizada pola Secretaría Xeral para o Deporte, o Concello de Carballo e a Federación Galega de Atletismo, e nela participaron dúas alumnas do noso colexio que se tiñan clasificado, Antía, de 3º de Educación Primaria, na categoría de benxamíns, e Lucía, de 4º de Educación Primaria, na categoría de alevíns.

Ambas as dúas competiron a un alto nivel, dando o mellor de si propias, e acadaron unha moi boa clasificación. Antía, a pesares de ter caído, dadas as malas condicións do chan (zonas con moita lama e auga) conseguiu chegar en boa posición. Lucía protagonizou unha gran remontada e foi quen de quedar sexta. Foi unha gran xornada, e a pesares do estado do terreo, a competición estivo moi ben organizada, cumpríndose co horario establecido e levada a cabo con moita orde. Parabéns, polo tanto, para a organización! E un agradecemento especial a Paco, da Asociación Deportiva “La Parra”, pola súa atención e traballo.

Distribuir contido


by Dr. Radut