Skip to Content

Programa 4- Un mundo feliz para os animais

Alumnado de 5º de educación Infantil elabora e conta o conto "Un mundo feliz para os animais".

 

 

Normas para as saídas dos menores

Grazas Aspanaes polas infografías.

Obradoiros Infantís para o confinamento no Museo de Historia Natural

Dende o Museo de Historia Natural envíannos esta información que pode resultar do voso interese:

 

"Bo día

 
A partir de hoxe comeza unha programación de Obradoiros para o confinamento dispoñibles na nosa web e nas nosas redes sociais.
 
Estes días poden chegar a ser moi complicados, en especial para os máis pequenos das casas. Así, desde o MHN queremos aportar a nosa colaboración e presentar estas actividades dirixidas aos nenos e nenas da familia. Cada publicación contén unha actividade manual, unha ficha informativa e preguntas sobre o tema a tratar. Animamos tamén a todos a enviar unha fotografía dos seus traballos para compartir nas nosas redes sociais.
 
Todas as actividades estarán dispoñibles para descargar na nosa web en formato PDF http://www.usc.es/museohn
 
 
Saúdos e moita saúde,"
 
Museo de Historia Natural
Parque de Vistalegre s/n 
Santiago de Compostela
Tlf. 881 816 350

FORMACIÓN DO ALUMNADO ONLINE DURANTE ESTA SEMANA

Estimadas familias:

Esperamos que todas e todos sigades ben.

A día de hoxe non temos variación con respecto a como proceder coas tarefas do alumnado. Polo que a partir de mañá seguiremos con tarefas programadas seguindo o horario do centro. 

Dende inspección infórmannos que seguramente este mércores teñamos algunha nova, pero de momento todo segue igual.

 

Se precisados calquera cousa, non dubidedes en escribir os titores/as,  o correo do centro ou o teléfono do centro de 10 a 13h.

Grazas, ánimo , e unha aperta grande.

Programa 3 - Cando remate o virus...

O Alumnado de 5º de Educación Infantil cóntanos que vai ser o primeiro que van facer cando pase o virus.

XIXIREI QUÉDATE NA CASA

Contidos disponibles na Aula Virtual.

Estimadas familias:

Están dispoñibles novos contidos na Aula Virtual do cole e nos seus blogues (E.Infantil, Horto escolar Dinamización da Lingua Galega).

Temos lecturas gratuítas, clases de matemáticas OAOA con Marcos Marrero (un dos fundadores do movemento), links con recomendacións...

 Non quededes sen botarlle unha ollada a todos de cando en vez, de seguro que vos serán de axuda.

Por favor, non dubidedes en poñervos en contacto cos diferentes mestras e mestres se tedes preguntas, peticións, ou para o que precisedes. Recordo que temos habilitados uns emails para estes momentos e a aplicación AbalarMobil.

Ánimo e a coidarse.

Un saúdo grande!

Programa Cativos- Cáritas Interparroquial De Santiago de Compostela

Dende Cáritas Interparroquial de Santiago de Compostela fannos chegar esta información.

Bo día, 

En primeiro lugar, poñémonos en contacto para desexarvos que vos e as vosas persoas máis cercanas estean ben, con saúde e bo ánimo ante esta situación tan excepcional que estamos a vivir. Queremos recordar que dende Cáritas Interparroquial seguimos traballando día a día, dende as nosas oficinas e dende casa, para poder chegar a todas as persoas que o precisan. Queremos trasladarvos unha serie de recursos que recopilamos, por se son de interese para vos ou o resto da familia:
 
número 010 (número gratuito xestionado polo Concello) atende a todas aquelas familias que acaban de verse afectadas a nivel socioeconómico por esta crise, e están a ter dificultade para realizar compras de alimentación, desprazamentos, etc. Ademais, colgan na páxina oficial do Concello información diaria sobre as axudas que van sacando para paliar dalgunha maneira esta situación: bonos de taxi, bolsas comedor, axudas que veñen directamente dende a Xunta, etc. 
Se aínda así tendes algunha dificultade, contactade con nos por se podemos facer algo ao respecto. 
 
Por outro lado, sabemos que estos días son complicados para conciliar en casa, manter hábitos de estudo e entretenemento cos nenos/as e mozos/as,... así que trasladamos algúns recursos que recopilamos, por se foran de interese para vos: 
Por último, queremos agradecer todas as mostras de solidaridade que estamos recibindo nas últimas semanas, para que dende Cáritas podamos seguir traballando para as persoas, que son o máis importante. Adxuntamos tamén unha carta do noso Director, por se aquelas familias que atópanse nunha situación algo mellor, quixeran seguir colaborando con nos nestes momentos de crise. 
 
Apertas grandes, 
 
Departamento Cativos
 

1516196546262_PastedImage

 PROGRAMA CATIVOS

Cáritas Interparroquial de Santiago de Compostela

Rúa Hospitaliño nº2, bis.

Telf.: 981 55 21 40 Ext. 21

www.caritas-santiago.org

 

Distribuir contido


by Dr. Radut