ACORDOS XUNTA ELECTORAL DO 15 DE NOVEMBRO
Primeiro:
Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas para a elección dos representantes de nais, pais e/ou titores legais do alumnado no CONSELLO ESCOLAR do Centro, segundo convocatoria do 2 do mes en curso, a XUNTA ELECTORAL deste Colexio fai pública a relación de nomes das persoas candidatas que se presentan á referida elección, segundo se indica de seguido por orde alfabético de apelidos:
1.- Adrio Fondevila, Juan Marcos
2.- Álvarez Antelo, Beatriz
3.- Casal Cotón, Mª del Carmen
4.- Casas Castaño, Sergio
5.- Domínguez Vivero, Ana
6.- Heybrook, Francis
7.- Sá Barreto Cruz, Flabia
8.- Sainz Gracia, Naiara
9.- Vilares Gontán, Begoña
Segundo o establecido no artigo 41 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21) corresponde elixir no presente proceso electoral a tres pais/nais/titoras legais, dun total de cinco que debe ter o Consello Escolar. Os outros dous representantes continúan como consecuencia da súa elección anterior no ano 2018.
Segundo o punto 5º da Convocatoria de elección de nais, pais ou titores legais para o Consello Escolar do 2 de novembro, a campaña electoral comprenderá dende o 16 ao 22 de novembro, ambos días inclusive.
Segundo:
Unha vez efectuadas as correccións oportunas, apróbanse e publícanse definitivamente os distintos censos electorais.
Terceiro:
Apróbanse os modelos de papeletas e sobres de votación. Nas papeletas figurará a relación alfabética dos nomes dos candidatos ou candidatas a sinalar cunha cruz no acto da votación.
Cuarto
Realízase o sorteo dos membros que comporán a mesa electoral do sector de nais e pais ou titores cos respectivos suplentes.
O que se fai público para xeral coñecemento.
A Directora do Centro
Presidenta da Xunta Electoral