tel: 886 151 371 / email: ceip.meanho.ascovas@edu.xunta.gal / 42°26'36.1"N 8°46'48.1"W
INFORMACIÓN: ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR
Informamos que se inicia o proceso de renovación parcial do Consello Escolar, un órgano fundamental de representatividade e de toma de decisións na nosa escola. A participación de toda a comunidade escolar é clave, por iso animámosvos a involucrarse neste proceso, xa sexa presentando candidaturas ou participando nas votacións. A vosa colaboración é esencial para seguir construíndo un proxecto educativo aberto e participativo.
Datas a ter en conta:
- 18 de outubro: Sorteo público compoñentes da Xunta Electoral.
- 22 de outubro: Constitución da Xunta Electoral.
- 29 de outubro: Publicación da convocatoria de eleccións.
- 30 de outubro ao 11 de novembro: Prazo para a presentación de candidaturas.
- 19 de novembro: Votacións.