Skip to Content

ACTIVIDADE: ESCOLA DE FAMILIAS MES DE XUÑO

Despois da primeira xuntanza do mes de maio, temos o pracer de anunciar a segunda parte da nosa xuntanza mensual da Escola de Familias adicada á educación sexual. O encontro, como de costume, terá lugar o día 16 de xuño na biblioteca do CEIP As Covas-Meaño. 

 Unha vez máis, contaremos coa participación de Hadriana Ordóñez e Tamara Rodríguez, sexóloga e educadora social respectivamente.  Regresan para compartiren con nós as súas experiencias e descubertas.  

 Este evento representa unha oportunidade para todas e todos nós, como membros desta comunidade educativa, para aprendermos máis sobre cómo axudar ás nosas fillas e fillos na súa educación sexual de maneira respectuosa e informada. 

 Non deixades pasar esta oportunidade, agardámosvos o día 16 de xuño.

descrición imaxe


novas | by Dr. Radut